3º Primaria

Bo día,

A continuación presentámosvos as tarefas do mércores. Para acceder simplemente tedes que clicar enriba da imaxe. Tedes varios días por diante para realizalas xa que xoves, venres, sábado e domingo non colgaremos actividades. Polo tanto, e fundamentalmente en matemáticas, podedes repartir as contas e non facelas todas xuntas. Moito ánimo!

Copia no teu caderno e completa:

Ciencias:

1. Aproveita o tempo de cuarentena e investiga:

1.1. Como xa sabrás , o goberno portugués ten restrinxidas as entradas e saídas do país. Todo isto provoca que algunhas das vilas veciñas estarán practicamente incomunicadas durante unha tempada. Escribe o nome das tres fronteiras con Portugal máis cercanas a nós indicando os nomes das vilas galegas e portuguesas que comunican.

Exemplo: A Guarda _ Caminha ( a través do ferry boat)

1.2. Agora completa cos nomes que che piden:

- O teu municipio: _____________________

- A túa provincia:______________________

- A túa comunidade autónoma: __________________

- O teu país: _____________________

- O río principal de Galicia: _________________________

- O país veciño máis cercano: _______________________

- A capital de Galicia: ____________________________

- A capital de España: ____________________________

- A túa alcaldesa. _______________________________

- Presidente da Xunta de Galicia: ___________________

- Presidente de España: __________________________

1.3. Lembra e escribe tres diferencias entre unha aldea e unha cidade.

1.4. Pensa nos teus arredores e escribe dous nomes propios de:

aldeas:____________________ e ______________________

vilas: _____________________ e _______________________

ciudades: __________________ e _______________________

 Matemáticas , plástica e galego:

1.Repasamos:

El doble de 549 es …… porque ….. x ……= ……….

El triple de 37 es ……… porque ……x …..= …….

El doble de 100 es …… porque ….. x ……= ……….

El triple de 37 es ……… porque ……x …..= …….

El doble de 503 es …… porque ….. x ……= ……….

El triple de 208 es ……… porque ……x …..= …….

El doble de 274 es …… porque ….. x ……= ……….

El triple de 305 es ……… porque ……x …..= …….

El doble de 205 es …… porque ….. x ……= ……….

El triple de 99 es ……… porque ……x …..= …….

El doble de 127 es …… porque ….. x ……= ……….

- Para calcular el doble debo______________________________

- Para calcular la mitad debo______________________________

- Para calcular el tercio debo______________________________

- Para calcular el triple debo_____________________________

2. Dibujamos:

- Un círculo verde.

- Una línea curva abierta roja.

- Un pentágono amarillo.

- Una circunferencia violeta.

- Una línea poligonal abierta rosa.

- Un hexágono a lápiz indicando sus lados, vértices y ángulos. 

3 .Nunha horta hai un limoeiro con 46 kg de limóns, unha maceira con 58 kg de mazás , unha pereira con 17 kg de peras e unha laranxeira con 72 kg de laranxas.

- Cantos kg de froita hai en total na horta?

- Cantos kilos de laranxas hai máis que de limóns?

- Se colocamos os 72kg de laranxas en bolsas de 2kg, cantas bolsas precisaremos?

- Cantos kg de peras hai menos que de mazás?

- Debuxa un gráfico de barras cos kg de cada froiteira.

4. Realiza un debuxo dunha desas froiteiras , coloréaa e sinala nela os seguintes elementos: raíz , follas , froita , tronco e pólas .

5. Por que debemos incluir na nosa dieta habitual froita?

6. Investiga en internet, preguntando a un familiar ou buscando nun libro de cociña , unha receita dunha sobremesa que leve unha ou varias das froitas arriba indicadas. Cópiaa no teu caderno e se estás acompañado/a dun adulto e tes os ingredientes na casa, aproveita para ser un / unha gran chef e ponte coas mans na masa. Bo proveito!!!!

Non esquezas ler en voz baixa dez minutos e outros 10 en voz alta. Logo cóntalle a un familiar un resumo do que acabas de ler .

Bo día, 

A través desta plataforma as mestras de terceiro iremos colgando as tarefas a desempeñar cada día. Ditas tarefas sería convinte que as realizaran nun caderno que teñan na casa ou ben en folios, de xeito ordenado e copiando os enunciados, como o fan nos cadernos de aula.

As tarefas para o día de hoxe son as seguintes:

Lengua:

Elige un libro que te guste y haz las siguientes actividades:

1.Lectura silenciosa del texto durante 10 minutos.

2.Lectura en voz alta del mismo texto.

3.Copia del texto 10 nombres comunes y clasifícalos según su género y número.

4.Realiza un pequeño resumen de lo leído y haz un dibujo.

 

Matemáticas:

1. Coloca, calcula, escribe el nombre de los términos y haz las pruebas de las restas y divisiones.

4567+123=

5247+548=

8502-546=

4716-2084=

8026×5=

6927×8=

8742:4=

9743:7=

 2. En una granja había 247 vacas y se han vendido 145 ¿Cuántas vacas quedan en la granja?

¿Cuántas patas hay entre todas las vacas que quedan? ¿Y cuántos ojos?

Si repartimos las vacas que quedan en 6 cuadras iguales, ¿cuántas vacas meteremos en cada cuadra?

3. La vaca es un ser vivo, ¿por qué?

4. Explica las diferencias entre una vaca y un limonero.

 

Ademais de realizar estas tarefas, poden practicar  as táboas de multiplicar facendo click aquí e repasalas a través dun xogo.

E por último, que aproveiten para axudar nas tarefas da casa e divertirse cos seus xoguetes.

Feliz Luns.

 

 

 

Bo día, unha vez reunidos os titores e especialistas dos vosos fillos e fillas, acordamos que sigades as indicacións sanitarias recomendadas. Para esta fin de semana deben rematar as tarefas que levaron para a casa de Lingua Galega e Sociais (Fichas) e que estuden estas materias. A partir da vindeira semana xa vos iremos comentando cal é o traballo.

                                Un saúdo,

Berta e Alba.

 

Nenas e nenos de 3º e 4º curso fomos este martes tres de decembro de visita a granxa escola "Corazón de Carballo". Como está moi preto do colexio, e, aproveitando o bo tempo, fomos todos camiñando.

Alí vivimos moitas experiencias en contacto coa natureza: tivemos a oportunidade de coñecer  e contactar cos animais da granxa, controlar as nosas emocións a través do ioga, plantar na horta plantas aromáticas, visitar a aula da natureza ou mesmo ver o funcionamento dunha composteira...
Pasámolo xenial e aprendemos un montón!

Para ver tódalas fotos da xornada preme na foto.

E continuamos coas charlas do proxecto "Ucastour", hoxe o papá de Adam de 3ºB veo a visitarnos e contarnos cousas sobre o seu país, Brasil.
Falounos dos deportes máis practicados, como o fútbol praia, que tamén se está a xogar na Praia do Vao, das festas e instrumentos e comidas típicas!

Para rematar agasallounos cuns “bolinhos de queijo”, unha receita deliciosa!

Para ver máis fotos preme na imaxe.

Os nenos e nenas de 3º primaria fomos a Baiona.

Alí fomos ao museo de navegación e dividímonos en dous grupos. Un grupo estaba no museo coa guía que nos explicaba as partes dunha réplica dunha carabela e nos amosaba uns cañóns de bronce que se hallaron no Cabo Silleiro e os artiluxios que empregaban para navegar antigamente........  e o outro grupo foi ver a réplica da carabela LA PINTA, en vivo. Logo intercambiámonos e paramos a merendar.

Ao rematar de merendar, subimos ao Parador e alí ensináronnos algunhas das instalacións e desfrutamos das boas vistas á ría. A continuación, baixamos a comer e a xogar no parque que hai ao carón.

Xa á tarde fomos cara á praia e mercamos un bo refresco ou xeado, xa que o tempo meteorolóxico foi estupendo. Os nenos e nenas desfrutaron moitísimo!

 Se facedes clic na imaxe, podedes ver máis fotos!

Os nenos e nenas de 3º de Primaria, no último día de clase do 2º trimestre, estiveron a realizar unha manualidade. Convirtiron o coello, que colorearon e pegaron nunha cartolina e que posteriormente recortaron, nunha caixiña na que levaban unha sorpresa: ovos de chocolate!

Quedaron chulísimos!

Podedes ver como quedaron facendo clic na seguinte imaxe.

Hoxe nenas e nenos de terceiro curso tiveron unha actividade moi especial, aproveitando estes días case primaverais saíron a arranxar os xardíns do colexio. Non deron rematado, pero melloraron moito o seu aspecto.

Se queredes ver as fotos da xornada, premede enriba da imaxe.

Nenos e nenas de 3º tiveron un día especial e moi matemático... Ao logo de toda unha mañá estiveron levando a cabo unha serie de talleres para traballar de forma distinta as matemáticas: mediron lonxitudes e capacidades, pesaron, fixeron a compra, calculo mental, divisións,... e todo mediante xogos.

Para ver as fotos preme na imaxe:

Distribuir contido