EXCURSIÓN 3º A BAIONA

Os nenos e nenas de 3º primaria fomos a Baiona.

Alí fomos ao museo de navegación e dividímonos en dous grupos. Un grupo estaba no museo coa guía que nos explicaba as partes dunha réplica dunha carabela e nos amosaba uns cañóns de bronce que se hallaron no Cabo Silleiro e os artiluxios que empregaban para navegar antigamente........  e o outro grupo foi ver a réplica da carabela LA PINTA, en vivo. Logo intercambiámonos e paramos a merendar.

Ao rematar de merendar, subimos ao Parador e alí ensináronnos algunhas das instalacións e desfrutamos das boas vistas á ría. A continuación, baixamos a comer e a xogar no parque que hai ao carón.

Xa á tarde fomos cara á praia e mercamos un bo refresco ou xeado, xa que o tempo meteorolóxico foi estupendo. Os nenos e nenas desfrutaron moitísimo!

 Se facedes clic na imaxe, podedes ver máis fotos!