3º Primaria

A continuación, amosámosvos os resultados da tarefa do venres, na que traballamos conxuntamente Ciencias e Plástica! Empregando só as mans como ferramenta de debuxo conseguistes resultados incribles!!!Noraboa!!!Risa

Sara ensínanos o seu traballo, para velos todos clicade sobre a imaxe!!!

 

Bo día!!Hoxe xa é venres!Un último esforzo e xa damos paso ó fin de semana!

As tarefas para hoxe son de Matemáticas, Plástica e Ciencias. As dúas últimas traballarémolas xuntas. Para iso, en primeiro lugar veremos un vídeo, trátase dun titorial no que nos ensinan como debuxar animais dunha forma moi sinxela e divertida. 

Ver vídeo.(Os 3-4 primeiros minutos).

Unha vez que vexades o vídeo, elixides un animal e completades a ficha que aparece en Ciencias.

                                     

 

Unha vez rematadas esas actividades, propoñémosvos unha actividade de Lingua Castelá. Para realizala debedes facer clic aquí. E sairavos a seguinte imaxe:

Dádeslle clic a "Iniciar Presentación!(Está rodeado na imaxe de arriba, fixádevos) e comezades. A ver quen consegue os dez corazóns!Facédenolo saber!!

Ó rematar acabastes o traballo para hoxe!!

Bo fin de semana!!

 

 

Bo día!!As tarefas para hoxe son de Matemáticas e Lingua Galega.

En matemáticas, propoñémosvos dous desafíos a ver se sodes capaces de resolvelos no menor tempo posible. No caso de Lingua Galega, tedes que ler o libro, O Dragón Comemedo, para poder resolver as preguntas que se vos formulan. Esperamos que vos guste!

Para acceder á lectura do libro, simplemente, debedes clicar sobre a súa portada. 

 

         

                                                     

        FELIZ XOVES!!!

Os nenos e nenas de terceiro fixemos unhas preciosas manualidades para celebrar A Pascua! Queredes velas? Só tedes que clicar sobre a imaxe para velas todas.

Moi bo traballo!!!!

Bo día!

As tarefas para hoxe son de Lingua Castelá, unicamente, desta materia. Trátase dunha lectura con varias preguntas!É importante que coidedes a caligrafía ó facer as tarefas. Recordade a presentación dos traballos é moi importante!

Ó rematar, hoxe propoñémosvos un xogo diferente, un crucigrama de animais, a ver se sodes capaces de resolvelo. Para que vos apareza a definición tedes que clicar no crucigrama sobre os diferentes números. Unha vez feito darlle a comprobar!

Feliz Mércores!!!!

 

Bo día! Como estades? Xa estamos de volta coas pilas cargadas despois dun merecidísimo descanso!

As tarefas para hoxe son de Matemáticas e Lingua Galega. Como estas vacacións de Semana Santa foron diferentes, en Lingua, propoñémosvos que escribades unha carta a un amigo ou familiar contándolle como pasaches estas datas e preocupándote de como o está levando el. Acórdate, ademais, de preparar o sobre!!!

Por se alguén non se acorda das partes da carta, da información que debe ter o sobre ou  calquera outra  dúbida, no primeiro folio de Lingua recórdasevos toda a información necesaria. Estade atentos!!!


Unha vez feitos os exercicios, entrade neste Xogo para repasar as táboas de multiplicar. Como xa as sabedes perfectamente, seleccionade todas as táboas dende o 2 ata o 10. Seguro que vos gusta!!!!

Moito ánimo!!!!!

Esta pasada semana estivemos de celebración pois tivemos dous aniversarios, o cumple da profe Berta e do noso campañeiro Leo!!!!

Moitos parabéns!!!!Risa

Os nenos e nenas de 3º deséxanvos cuns fermosísimos debuxos  unha FELIZ PASCUA!!!

Para acceder os mesmos clicade sobre a imaxe (preciosa obra dunha compañeiraRisa).

Estas vacacións son diferentes xa que non podemos saírChoraChoraTristePero... pensando, pensado... ás profes ocorréusenos unha forma de viaxar distinta!Umm...a ver quen adiviña cal é...?Exacto, acertastes!!!É LER!!!

A través da lectura podemos viaxar a diferentes lugares, coñecer distintas personaxes, imaxinar olores, cores, paisaxes...Permítenos, en definitiva, saír do entorno no que estamos.

Polo tanto, propoñémosvos coller un libro na casa que vos guste e a disfrutar del!!!Despois, simplemente, debedes completar a súa ficha.

Ademais, como sabemos que vos encanta plástica, retámosvos a preparar unha manualidade de Pascua. Sorprendédenos!!

Todo isto, debedes entregalo á volta de vacacións (Durante a mañá do martes, 14 de abril).Para acceder as actividades, clicade na foto.

BOAS VACACIÓNS!!!

Distribuir contido