TAREFAS MARTES, 14 DE ABRIL

Bo día! Como estades? Xa estamos de volta coas pilas cargadas despois dun merecidísimo descanso!

As tarefas para hoxe son de Matemáticas e Lingua Galega. Como estas vacacións de Semana Santa foron diferentes, en Lingua, propoñémosvos que escribades unha carta a un amigo ou familiar contándolle como pasaches estas datas e preocupándote de como o está levando el. Acórdate, ademais, de preparar o sobre!!!

Por se alguén non se acorda das partes da carta, da información que debe ter o sobre ou  calquera outra  dúbida, no primeiro folio de Lingua recórdasevos toda a información necesaria. Estade atentos!!!


Unha vez feitos os exercicios, entrade neste Xogo para repasar as táboas de multiplicar. Como xa as sabedes perfectamente, seleccionade todas as táboas dende o 2 ata o 10. Seguro que vos gusta!!!!

Moito ánimo!!!!!