TAREFAS VENRES, 17 DE ABRIL

Bo día!!Hoxe xa é venres!Un último esforzo e xa damos paso ó fin de semana!

As tarefas para hoxe son de Matemáticas, Plástica e Ciencias. As dúas últimas traballarémolas xuntas. Para iso, en primeiro lugar veremos un vídeo, trátase dun titorial no que nos ensinan como debuxar animais dunha forma moi sinxela e divertida. 

Ver vídeo.(Os 3-4 primeiros minutos).

Unha vez que vexades o vídeo, elixides un animal e completades a ficha que aparece en Ciencias.

                                     

 

Unha vez rematadas esas actividades, propoñémosvos unha actividade de Lingua Castelá. Para realizala debedes facer clic aquí. E sairavos a seguinte imaxe:

Dádeslle clic a "Iniciar Presentación!(Está rodeado na imaxe de arriba, fixádevos) e comezades. A ver quen consegue os dez corazóns!Facédenolo saber!!

Ó rematar acabastes o traballo para hoxe!!

Bo fin de semana!!