TAREFAS LUNS, 4 DE MAIO!

Bo día!Que tal? Como estades? Con moitas gañas de traballar despois deste merecidísimo descanso? Seguro que sí Risa!

As tarefas para hoxe son de Lingua Galega e Matemáticas. En Lingua Galega desfrutaremos do conto "No río" de Mon Daporta Padín, lido e cantado estupendamente por Mateo. Moi atentos!!

    

Escoitáradelo antes? Se non é este, seguro que algún dos contos da Rata Luísa listes!! Agora, xa sabedes,  tócavos contestar a unhas preguntas sobre o mesmo!!

Ó rematar con Lingua, traballamos Matemáticas. Nesta materia repasaremos O Tempo. Tanto as estacións, os meses, as horas, minutos e segundos. 

Se alguén dubida sobre que meses pertencen a cada estación ou o número que lle corresponde a cada mes, que se fixe nas seguintes imaxes!!


 

Para rematar, non vos esquezades de entrar neste divertido XOGO. A través del repasaredes as táboas de multiplicar. É moi importante practicalas para que non se vos olviden.

E, por último, decirvos que ó longo da ponte recibimos varios  traballos da Festa dos Maios, son estupendos. Darvos a noraboa a vós e ás vosas familias que tanto se implican, polo magnífico traballo que estades realizando, tanto con referencia a esta actividade como a todas as anteriores! A seguir así!!!!!

FELIZ LUNS!!!