ÚLTIMA SEMANA!!!!

Bo día!!!!Risa

Está chegando o fin de curso e con el, as vosas merecidísimas vacacións!!!

Como sabemos que xa estades moi cansos e o fixestes xenial ata agora, para esta semana, propoñémosvos pouquiñas actividades!!!

Ademais, cremos que vos resultarán divertidas!!!!Para coñecer o que debedes facer cada día tedes que clicar sobre o cartel.

Como podedes ver, o xoves, teremos todo 3º unha gran festa online e o venres unha gran despedida. 

Os vídeos que vos pedimos intentade enviárnolos o día que corresponde, para evitar que algún se extravíe!!!Guiño 

Agárdanos unha magnífica semana!!!!