TAREFAS XOVES, 11 DE XUÑO

Bo día!!Hoxe xa rematamos a semana!!!Risa

Só tedes uns exercicios de matemáticas moi sinxelos a través dos cales repasaredes divisións, multiplicacións e series numéricas (Libro do 3º Trimestre). Farédelos rapidísimo, xa veredes!!

 

Agora vén o máis divertido, Ainhoa preséntanos a dous animais mariños que se atopou nunha visita á praia. Xa veredes, moi atentos! 

A nosa compañeira atópase ó Señor Cangrejo e  a PatricioRisa dúas das personaxes de Bob Esponja, debuxos que estamos seguras todos vistes.

Relacionado con isto, como todos os xoves, propoñémosvos un desafío:

Converterédesvos en biólogos (científicos encargados do estudo de seres vivos) e clasificaredes ás diferentes personaxes de Bob Esponja.


Para que vos sexa máis doada a clasificación, deixámosvos unha guía, clicade para acceder a ela.


Como todos os retos, podedes entregalo ata o luns pola mañá!!!Xa é o último, animádevos!!!!

As tarefas de matemáticas son para hoxe!!!

Recordámosvos, ademais, que tedes unha videochamada cas profes de Inglés e Relixión ás 12. Non vos esquezades!!!

E sen máis, moi bo día!!!!!

Feliz Xoves!!!!