Tal como informamos publicaremos aquí a relación de tarefas a realizar polos nenos e nenas no que queda de curso:
Luns - 8 xuño
Caderniño LEO 11 - Páxinas 33 e 34 (Castelán)
- Páxina 35 (Galego) Repasar, oralmente, as palabras antes de que realicen os exercicios, procurando que sexan eles que volas digan primeiro: parasol, caldeiro, bufanda, mangueira, raqueta, queixo, paxariño, paquete ou agasallo, papaventos, tractor e bolboreta.
Ollo! Aquí se facedes o exercicio do gráfico, por LIVEWORKSHEETS, ao non poder encher con cor o número de froitas que o representa; marcades cunha X por cada cadrado ata chegar o número real. Exemplo: Se son 6 amorodos, terei que marcar os cadrados do 1 ao 6 cunha X.
E no de rodear as posicións indicadas tamén marcades una X, no seu lugar correspondente.
Xoves - 11 xuño
Caderniño LEO 11 - Páxinas 41 e 42 (Galego)(Plátano leva acento gráfico)
Caderniño LEO 10 - Lectura O XARDÍN DA MIÑA AVOA (Galego)
Matemáticas: Clic AQUÍ, en formato PDF. Non é preciso imprimir. Para facela de forma interactiva, clic AQUÍ. OLLO! Se se fai interactivo, hai dúas páxinas. Co cal, agora hai que facer a segunda páxina. Deixades sen facer a primeira páxina.
Na actividade interactiva de MATEMÁTICAS tedes que darlle a TERMINADO, abaixo de todo. Logo, dádelle a enviar MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR, cubrides os apartados de NOMBRE do alumno, materia, curso e en CORREO escribides primeirocaselles@gmail.com.
Durante este mes de maio os nenos e nenas de 1º primaria realizaron traballos, tanto obrigatorios coma voluntarios. Só tedes que botar un ollo a estes magníficos traballos!
Xa estamos entrando, de cheo, na recta final de curso!
As tarefas de hoxe son as seguintes:
Caderniño LEO 11(Galego).Páxinas 24, 25 e 26.
Na páxina 24, na última frase pór raias de separación para copiar, logo, a oración.
Repasade oralmente as palabras galegas que aparecerán na páxina 25: ordenador ou pórtatil- mesa - xoaniña - ovella- man - paxariño- escada- armario- pirata e mesa
Nas oracións da páxina 26 hai que procurar que se refiran á propia imaxe.
Non é preciso imprimir. Para facela de forma interactiva, clic AQUÍ. OLLO! Se se fai interactivo, hai dúas páxinas. Co cal, só hai que facer a primeira páxina: os problemas. Deixades sen facer a segunda páxina e baixades e dádelle clic a TERMINADO, para o seu envío. A segunda páxina é para realizar o vindeiro mércores.
Na actividade interactiva de MATEMÁTICAS tedes que darlle a TERMINADO, abaixo de todo. Logo, dádelle a enviar MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR, cubrides os apartados de NOMBRE do alumno, materia, curso e en CORREO escribides primeirocaselles@gmail.com.
A tarefa de hoxe (xoves 28) consiste en escoitar un conto que , seguro, todos coñecedes. Xa o escoitamos algunha vez no Momento Lector.
O MONSTRO DE CORES
Unha vez escoitado, podedes comentar, en familia, cando experimentades estas emocións e como o afrontades no día a día.
Ademais, de forma voluntaria, podedes mandar imaxes vosas indicando as emocións que queirades transmitir.
Por último, completades esta actividade de LIVEWORKSHEET (Clic AQUÍ); na que só tedes que arrastar e asociar unha serie de imaxes, identificando dita imaxe coa emoción correspondente.
Boa fin de semana e gozade do bo tempo!!!
Na actividade interactiva tedes que darlle a TERMINADO, abaixo de todo. Logo, dádelle a enviar MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR, cubrides os apartados de NOMBRE do alumno, materia, curso e en CORREO escribides primeirocaselles@gmail.com.