1º Primaria

Boas!

As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • Caderniño LEO 10 (Castelán) - Lectura MI PASEO FAVORITO

 

  • Caderniño LEO 11 (Castelán) - Páxinas 27 e 28. Consello da páxina 28: Os debuxos e o coloreado hai que facelo amodo e ben.

Unha vez feitas as tarefas, facédelas chegar ao noso correo.

Bo día!

Boas!

Xa estamos entrando, de cheo, na recta final de curso!

As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • Caderniño LEO 11 (Galego). Páxinas 24, 25 e 26.

Na páxina 24, na última frase pór raias de separación para copiar, logo, a oración.

Repasade oralmente as palabras galegas que aparecerán na páxina 25: ordenador ou pórtatil- mesa - xoaniña - ovella- man - paxariño- escada- armario- pirata e mesa

Nas oracións da páxina 26 hai que procurar que se refiran á propia imaxe.

 

  • Matemáticas. En formato PDF: Clic AQUÍ.

Non é preciso imprimir. Para facela de forma interactiva, clic AQUÍ. OLLO! Se se fai interactivo, hai dúas páxinas. Co cal, só hai que facer a primeira páxina: os problemas. Deixades sen facer a  segunda páxina e baixades e dádelle clic a TERMINADO, para o seu envío. A segunda páxina é para realizar o vindeiro mércores.

Na actividade interactiva de MATEMÁTICAS tedes que darlle a TERMINADO, abaixo de todo. Logo, dádelle a enviar MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR, cubrides os apartados de NOMBRE do alumno, materia, curso e en CORREO escribides primeirocaselles@gmail.com.

Bo día!

Hello!!! How are you? The Teacher Montse and the Teache Vero send you some songs os Super Simple songs

Ola!!! Como estades? A profe Montse e a profe vero enviánvos algunhas cancións

 

Today we bring the Challenge of Moncho and Paula.

 hoxe traemos os retos de Moncho e Paula.

The first Challenge is from Moncho. Recommend us fruits skewer

O primeiro reto é de Moncho. Recomendanos brochetas de froita.

 

 The second challenge is from Paula. Invites us to our heads and make a cube with colored sheets

O segundo reto é de Paula. Invitanos a usar a cabeza e facer un cubo con folios de colores.

Podedes mandar as fotos dos vosos traballos ao correo

plurilinguecaselles@gmail.com 

Boas!

A tarefa de hoxe (xoves 28) consiste en escoitar un conto que , seguro, todos coñecedes. Xa o escoitamos algunha vez no Momento Lector.

O MONSTRO DE CORES

Unha vez escoitado, podedes comentar, en familia, cando experimentades estas emocións e como o afrontades no día a día.

Ademais, de forma voluntaria, podedes mandar imaxes vosas indicando as emocións que queirades transmitir.

Por último, completades esta actividade de LIVEWORKSHEET (Clic AQUÍ); na que só tedes que arrastar e asociar unha serie de imaxes, identificando dita imaxe coa emoción correspondente.

Boa fin de semana e gozade do bo tempo!!!

Na actividade interactiva tedes que darlle a TERMINADO, abaixo de todo. Logo, dádelle a enviar MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR, cubrides os apartados de NOMBRE do alumno, materia, curso e en CORREO escribides primeirocaselles@gmail.com.

 

Boas!

As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • Caderniño LEO 11 (Castelán) - Páxina 23.
  • Matemáticas. En formato papel: Clic AQUÍ. Non é preciso imprimila. Pódese facer facilmente, de forma interactiva, dándolle clic AQUÍ.

 Unha vez feitas as tarefas, facédelas chegar ao noso correo.

Na actividade interactiva de MATEMÁTICAS tedes que darlle a TERMINADO, abaixo de todo. Logo, dádelle a enviar MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR, cubrides os apartados de NOMBRE do alumno, materia, curso e en CORREO escribides primeirocaselles@gmail.com.

Boas!

As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • Caderniño LEO 10 (Galego) - Lectura NO PARQUE. Hai dous erros. Na lectura a palabra alí debe levar acento gráfico. Logo, aparece escrito no columpio (En galego non existe no columpio). Hai que riscar e pór, no seu lugar, na randeeira.

 

  • Caderniño LEO 11 (Castelán) - Páxinas 21 e 22.

Unha vez feitas as tarefas, facédelas chegar ao noso correo.

Bo día!

 

Boas!

Outra semana máis comezamos, de novo. Ou unha semana menos!

As tarefas de hoxe son as seguintes:

Continuar coa actividade de CIENCIAS, proposta o venres pasado.Clic AQUÍ.

Para rematar, colledes o caderniño LEO 11 (Galego). Páxinas 18, 19 e 20.

Repasade oralmente as palabras galegas que aparecerán na páxina 19: polbo - palmeira - pincel - cremalleira - limón - mazá - castelo - cebola - estoxo - martelo - illa.

Nas oracións da páxina 20 hai que procurar que os nenos e nenas extraian detalles, de maneira que se refiran á imaxe.

Bo día!

Hello!!! How are you? The Teacher Montse and the Teache Vero send you some songs os Super Simple songs

Ola!!! Como estades? A profe Montse e a profe vero enviánvos algunhas cancións

 

Podedes mandar as fotos dos vosos traballos ao correo

plurilinguecaselles@gmail.com 

Boas!

A tarefa de hoxe consiste en ir ao rescate do vocabulario aprendido de CIENCIAS, do corpo humano e identificar as tres partes en que se divide o noso corpo.

Lede e repasade o tema, facendo clic nas seguintes imaxes:

 

Unha vez repasado isto, a proposta é a seguinte:

Elaborar un póster ou lapbook na que apareza a figura do corpo humano; a partir dun debuxo de si mesmo, unha foto de si mesmo, duns debuxos propostos e que podedes descargar facendo clic AQUÍ e imprimir, .... para sinalar (con frechas) nel as partes do corpo, da cara e indicar ademais a cabeza, o tronco e as extremidades.

Iso si, ten que ser en galego e feita con interese e esmero. Tedes prazo para facelo, ata a semana que vén.  Deixamos a elección vosa a forma da súa realización.

Incluso, deixamos ampliar e reflectir información que vos queirades sobre o corpo humano (ósos, curiosidades, músculos, articulacións,...). Se hai algún neno ou nena interesado/a; pode ampliar esta información.

Se hai material dabondo, poderase realizar unha montaxe de video cos resultados dos traballos.

Exemplos de como amosar o traballo:

 

 

 

 

 

Boas!

 

 As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • Caderniño LEO 10 (Castelán) - Lectura  LA ROPA DE SIMÓN
  • Caderniño LEO 11 (Castelán) - Páxina 17.
  • Coidado do planeta. Arrastrar as imaxes no lugar onde corresponda, segundo se coidamos ou non, o planeta. Clic AQUÍ.

 

Unha vez feitas as tarefas, facédelas chegar ao noso correo.

 

Na actividade interactiva do coidado do planeta tedes que darlle a TERMINADO, abaixo de todo. Logo, dádelle a enviar MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR, cubrides os apartados de NOMBRE do alumno, materia, curso e en CORREO escribides primeirocaselles@gmail.com.

 

Distribuir contido