1º Primaria

Hoxe as nenas e os nenos do 1ºCiclo foron coñecer un pouco mellor o poboado castrexo e o museo do Trega. Tiveron unha guía que lles explicou moitas cousas dos antigos poboadores do castro do Trega, na Guarda. Estiveron todos moi atentos e aprenderon moito de arqueoloxía.

Para rematar a xornada fomos merendar e xogar un poquiño ao parque de Pías.

Para ver as fotos da xornada preme na imaxe.

 

Hoxe as nenas e nenos de 1º Curso estivemos facendo pan. Aprendemos que facer pan é moi doado. Conseguimos unha pouca fariña de centeo, moi sa e moi ecolóxica; iso si, mesturámola con unha pouca fariña de trigo, para que chegara para todos. Engadimos fermento auga e sal e amasamos, logo fixemos unha boliña e deixámola para que levedara.

Cando a masa xa crecera un montón pola acción dos formentos, fixemos uns churriños de pan, igualiños aos de plastilina.

Logo o cociñeiro deixounos usar un forno enorme que teñen, e de alí a un pouquiño tíñamos o noso pan. Estaba boísimo!!!!

Podedes ver as fotos de todo o noso traballo premendo na imaxe de abaixo.

O alumnado de 1º e 2º curso foi de visita a SEGANOSA, en Alxén, Salvaterra de Miño. Unha escola moi especial onde se preparan os equipos de emerxencias. Alí explicáronlles como se forman os bombeiros, e aproveitando a ocasión, nenos e nenas estiveron probando cascos de diferentes tipos, as mangueiras de apagar o lume e ata lles explicaron como apagar un incendio cun extintor.

Despois todos xuntos foron tomar un pequeno almorzo ao parque da Canuda onde disfrutaron do parque enteiro para eles soliños. Foi un día emocionante e divertido!!

Podedes ver todas as fotos da xornada premendo na imaxe

Que vai moita calor?

Que xa estamos cansos?

Pois non hai problema...aulas fóra!!!

E así debaixo da sombra e o fresco das árbores do patio lemos todos o díptico da aula da natureza, e falamos sobre todo o que aprendemos este ano sobre a prehistoria.

E xa que temos unha marabillosa mostra da arte románica ao ladiño do colexio, por que non aproveitar a ocasión. E aló nos fomos a aprender un pouquiño, so un pouquiño da importancia das pedras, falamos dos canteiros e dos seus traballos, de como traballaban daquela, de capiteles, canzorros, e de historia. Tamén falamos da importancia de coidar o noso patrimonio.

Para ver máis fotos preme AQUÍ

Hoxe 1º curso subiu a ver a nosa aula da natureza, este ano dedicada a arte rupestre e aos mitos e lendas de Tomiño. Alí puideron gozar e rememorar todo o que se fixo nos obradoiros da semana das letras galegas e seguir aprendendo sobre a prehistoria.

FOTOS

Hoxe nenas e nenos de primeiro curso participaron nun interesantísimo obradoiro de vermes de seda. Organizado polo Concello de Tomiño e impartido por Mª José, todos aprenderon gran cantidade de cousas acerca do tema.

Os máis pequenos do Caselles xa levan uns meses ocupándose dos seus vermes de seda, pero hoxe aprenderon algo da historia destes bichiños e do marabilloso tecido que deles se obtén. Tamén puideron ver e tocar casulos de distintas cores e diferentes tipos de fíos e teas de seda.

Gracias a Mª José tamén comprobaron como se saca a seda dos casulos e como se fía. En fin, un obradoiro moi, pero que moi interesante.

Se queres ver todas as fotos preme na imaxe.

Este xoves nenas e nenos de primeiro aprendemos a facer pan,.... e saliunos boísimo.

A profe foi explicando o que tiñamos que facer, e nos soíños fomos quen de facer o noso propio pan. Fixemos seis equipos e con fariña, auga, sal, levadura e un pouquiño de aceite de oliva fixemos a masa. Logo tivemos que esperar moitísimo para que a levadura fixera crecer o masa. Despois repartimos a masa entre tódolos nenos e nenas do equipo e fixemos barras, bolas, churros e chapatas e puxémolos en bandexas de forno. Por último levámolas bandexas a cociña onde José Manuel, Benito e Ramón as meteron no forno.

Cando voltamos do recreo comemos o pan, e invitamos a tódolos nosos profes e aos nenos e nenas de 2º. Non sobrou nadiña!!!

Se queredes ver tódalas fotos de como fixemos o noso pan premede enriba da foto.

Este venres, día 10 de febreiro, 1º curso fixo  unha saída didáctica á cidade de Pontevedra.  Visitamos o museo acolléndonos ao programa da Deputación “Coñece o Museo” e máis concretamente á actividade “De nómades a sedentarios”.

Nenos e nenas fixeron un percorrido guiado polas salas dedicadas a prehistoria e historia antiga de Galicia. Desfrutaron e aprenderon moitísimo, preguntando e respondendo a preguntas que lles facía Sergio, o noso guía.

Ao remate desta actividade, e aproveitando unha soleada mañá, estiveron xogando no parque da praza de Barcelos.Un día redondo para todos!!!

Esta saída foi totalmente subvencionada pola Deputación.

Para ver as fotos do día preme na imaxe.

Distribuir contido