Hoxe 30 de xaneiro, como tódolos anos, o CEP Pedro Caselles celebrou o se Acto pola Paz.
Ao longo da semana nenas e nenos foron enchendo as letras da palabra paz con bandeiras dos países que traballamos este ano no proxecto de centro: Xapón, Nova Zelandia, Italia, Portugal, Brasil, Indonesia,Reino Unido e Marrocos, cada unha coa palabra paz no idioma correspondente.
Hoxe cada representante do nivel pegou a súa bandeiriña como acto simbólico, e logo todos xuntos cantamos a canción de Roberto Carlos "Eu quero ter un millón de amigos", porque se cada un facemos un millón de amigos, as guerras teríano un pouco máis difícil.

Como ven sendo habitual dende fai xa anos, o ultimo día de clase antes das vacacións de Nadal o CEP Pedro Caselles celebra o súa festa de Nadal.
Comezamos o día coa visita de Papá Noel, foi a ANPA Mosteiro a que negociou e conseguiu unha visita tan importante para o noso colexio... ah, e trouxo un agasalliño para cada neno e nena.
Despois convertémonos en artistas por uns minutos e deleitamos aos nosos compañeiros e familias coas nosas actuacións no festival de Nadal. Durante este , ademais das actuacións, estivemos aprendendo cousas de diferentes lugares do mundo: Brasil, Nova Zelanda, Portugal, Xapón, Marrocos, Italia, Reino Unido e Indonesia. E xa rematamos o día cunha chocolatada por xentileza da cociña do colexio. Podedes ver máis fotos premendo AQUÍ
Xa está aquí a RADIO UNCAS, a radio do CEP PEDRO CASELLES BELTRÁN (Tomiño). Pinchandoaquípodes escoitar o programa piloto da nosa radio: noticias, música, chistes, historias, artigos, investigacións, curiosidades e moito máis!!! Arrancamos!!!!
Hoxe as nenas e nenos de 1º Curso estivemos facendo pan. Aprendemos que facer pan é moi doado. Conseguimos unha pouca fariña de centeo, moi sa e moi ecolóxica; iso si, mesturámola con unha pouca fariña de trigo, para que chegara para todos. Engadimos fermento auga e sal e amasamos, logo fixemos unha boliña e deixámola para que levedara.
Cando a masa xa crecera un montón pola acción dos formentos, fixemos uns churriños de pan, igualiños aos de plastilina.
Logo o cociñeiro deixounos usar un forno enorme que teñen, e de alí a un pouquiño tíñamos o noso pan. Estaba boísimo!!!!
Podedes ver as fotos de todo o noso traballo premendo na imaxe de abaixo.
Por fin o mal tempo deunos unha tregua para celebrar a nosa tradicional festa do magosto.
Comezamos as dez coas carreiras por cursos, cada curso con un circuíto diferente, que vai aumentando de dificultade a medida que subimos de curso.
E despois dun pequeno recreo, empezamos coas fogueiras para asar as castañas e cos xogos do mundo. Os nenos e nenas organizáronse por equipos para desfrutar de xogos típicos de diferentes países: De Brasil Bambú, un xogo musical de roda e bater na moeda; de Indonesia congkak e gunda si; de Gran Bretaña, conker e tiro ao pato; de Portugal malla portuguesa e os cinco cantinhos; de Italia, regina regina bella e bilboquet; de Nova Zelandia, hipitoi e poi rakau; de Xapón, hanetsuky e taketombo; e de Marrocos, sassabos e melakeef.
Rematamos a xornada coa degustación das castañas asadas.
Para ver tódalas imaxes da xornada preme na imaxe.