OVOS DE CHOCOLATE

Os nenos e nenas de 3º de Primaria, no último día de clase do 2º trimestre, estiveron a realizar unha manualidade. Convirtiron o coello, que colorearon e pegaron nunha cartolina e que posteriormente recortaron, nunha caixiña na que levaban unha sorpresa: ovos de chocolate!

Quedaron chulísimos!

Podedes ver como quedaron facendo clic na seguinte imaxe.

OLIVER TWIST

As profes e as nenas e nenos de 2º embarcámonos nunha gran aventura neste segundo trimestre. Viaxamos coa nosa imaxinación ao marabilloso mundo de Charles Dickens, da man de Oliver Twist. Foi unha lectura moooi difícil, traballamos moitísimo, pero a súa historia encantounos e namorounos a todos e todas.

Como remate recreamos o Londres de Oliver Twist.

Para ver máis imaxes, preme na foto.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Hoxe nenas e nenos do noso colexio participaron na actividade "Ponlle as pilas ao teu bocata" dentro do programa Aliméntate ben da Xunta de Galicia. Esta campaña esta deseñada para a dar o coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar, e iso foi o que aprendeu hoxe o noso alumnado, a alimentarse un pouco mellor.

Para ver máis imaxes preme na foto.

Matrícula para o curso 2018-19

Rematado o proceso de matrícula para o curso escolar 2018/19,  estes son os datos de alumnado inscrito:

Curso Nº alumnos/as matriculados/as
28
30
34
38
40
31

 

Matrícula fóra de prazo.

No caso de que por circunstancias extraordinarias, teñan que cambiar de centro ao fillo/a, como traslado de domicilio ou de traballo, pode matricularse en calquera momento do curso escolar, pero coas condicións seguintes:

  • Unha causa xustificada dentro das contempladas para este tipo de matrícula
  • Autorización da Inspección Educativa.

Para iso deberase presentar na Secretaría do centro a solicitude específica:

Solicitude admisión fóra de prazo

Tamén deberá presentarse o Anexo A que figura máis abaixo.

 

Formularios de admisión ordinarios (no período de matrícula)

Anexo II

Anexo A

Acompañaredes tamén outra documentación que podedes ver nestas instrucións

O horario preferente para atención na Secretaría será de 9:30 a 13:00 horas durante este período. Se tivérades dificultades, consultade telefónicamente para ser atendidos noutro momento.

 

Podedes consultar calquera dúbida no centro, ou chamando aos números:

886 110 737      886 110 738    886 110 736

Folleto informativo do colexio

 

Equipo Directivo

ven ao cep pedro caselles from Alfonso Lorenzo on Vimeo.

Concursos da Biblio-Caselles!

CONCURSOS

FEBREIRO:

Adiviña quen son!

Gañadores: Victor e Antón.

Marzo:

Caza do tesouro!

 

CumpleUncas!

Na Biblio tamén celebramos os aniversarios das nenas e nenos do Caselles!

Febreiro 2018Selado

TERCEIRO XARDINEIRO

Hoxe nenas e nenos de terceiro curso tiveron unha actividade moi especial, aproveitando estes días case primaverais saíron a arranxar os xardíns do colexio. Non deron rematado, pero melloraron moito o seu aspecto.

Se queredes ver as fotos da xornada, premede enriba da imaxe.

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL

Do 19 ao 22 de febreiro temos a oportunidade de desfrutar dunhas xornadas de educación vial, promovida pola DXT; e en colaboración co Concello, a Policía Local, Protección Civil e a Garda Civil. Con isto preténdese concienciar ao alumnado no uso das bicicletas polas vías públicas, na correcta circulación e o cumprimento das normas que a rexen. Os nenos/as vivirán esta experiencia, como ciciclistas e peóns. Todo isto sen esquecer da importancia dos sinais e das normas de circulación e de seguridade. 

Por útlimo, dicir que isto tampouco foi posible sen a mediación da nosa Anpa Mosteiro.

Se pinchades na imaxe poderedes ver fotos destas xornadas.