Animación á lectura

Poemas birollos para ler cos olhos.

Os nenos e nenas de e 4º Canso foron os escollidos para participar na animación á lectura desta semana e para coñecer a obra de Fran Alonso.

Este poeta e escritor, axúdase de cancións infantis e  concibe a poesía como algo lúdico e divertido.

Os poemas, na súa opinión, nacen de dúas formas fundamentais: a poesía visual e a oralidade. 

Bota man de elementos gráficos para facer os poemas que se lean como se fosen cadros.

Animación á lectura cos menos e nenas de 6º

 Os nenos e nenas de 6º EP tiveron a sorte de desfrutar dunha animacíón á lectura para coñecer á Ledicia Costas, poeta con alma de equilibrista, quere falar da morte dende un lado canalla con: Escarlatina a cociñeira defunta, A señorita Bubble, Esmeraldina a pequena defunta ou Jules Venre e a vida secreta das mulleres planta, entre outros.

ledicia costas

Se queres saber máis de Ledicia ou dos seus libros, podes consultar aquí:

https://ibb.co/n7sgwG

https://blog.xerais.gal/2015/ledicia-costas-queria-falar-da-morte-desde-un-lado-canalla/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2017/09/22/ledicia-costas-presenta-senorita-bubble/0003_201709V22C10995.htm

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OS NOSOS PEQUENOS ESCRITORES: Poemario de 6ºB

Nenos e nenas de 6ºB crearon este bonito libro de poesías, aproveitando os seus coñecementos literarios e os seus coñecementos dixitais.

O resultado foi un fermoso libro de poemas do que podedes disfrutar neste artigo. Tamén disfrutan del o alumnado de 1º e 2º curso, xa que estes artistas van a ir polas aulas a facer unha lectura e presentación do traballo, así coma un breve taller de poesía para os máis pequenos.

 

Os nosos pequenos escritores: Mateo Álvarez Rivas 6ºA

 

OS TERRACOTAS

 

 

Esta historia comeza cando o primeiro emperador chino Quin, que uniu toda China, ordenou que fixeran oito mil soldados de arxila vermella para que o acompañasen na outra vida, dado que antigamente tíñanse moitas supersiticións sobre a outra vida. Empezou a gobernar aos 12 anos e morreu aos 24 anos.

 

Todos os emperadores chinos anteriores a este enterraban soldados para acompañalos na outra vida para que o protexeran, pero Quin pensou que se mataba a oito mil soldados chinos para esa viaxe, deixaría a China sen exército. Por iso mesmo ordenou que fixeran oito mil soldados chinos de arxila vermella, os cales foron enterrados ao redor da tumba de Quin . Estes soldados foron atopados por uns campesiños ao cavar un pozo en busca de auga. Estes soldados estaban pintados pero dende que se sacaron debaixo da terra destintáronse e romperon. Estas estatuas tiñan armas e armaduras pero como o país estaba na ruína sabotearon a tumba de Quin para obter beneficios vendendo as armas. O emperador Quin non confiaba ao cen por cen de que o seu plan funcionase, entón por se acaso ordenou que mataran a dez persoas próximas, estas persoas e o emperador Quin aínda non se desenterraron por mor de que se descompoñan.

 

O segundo emperador Shunzy ordenou tamén que fixeran estatuas de terracota, pero como o país estaba na ruína, decidiu que fosen máis pequenas. Este emperador foi máis listo ca Quin e ordenou que fixeran estatuas doutro tipo como de animais para comer, de entretemento, etc.

 

Mateo Álvarez Rivas

 

SEMANA DA PRENSA

Dende a biblioteca organizamos este periódico mural para celebrar a semana da prensa.

Cada curso ocupouse dunha sección, e entre todos e todas montamos ao largo deste mes o noso propio periódico.

Día do libro 2014

Hoxe, 23 de abril, día do libro, o Equipo de Biblioteca do CEP Pedro Caselles quixo adicarllo ao "Don Quijote" de Don Miguel de Cervantes. A través de charlas sobre o autor e lectura de capitúlos da súa obra máis inmortal nos distintos ciclos.

 

DÍA DO LIBRO

Este ano celebramos o día do libro con un acto pequeniño pero moi bonito. Contamos coa presenza da alcaldesa e algunhas concelleiras que entregaron un lote de libros para a nosa biblioteca. Os nenos e nenas de primeiro, pola súa parte, fixéronlle entrega a Sandra, a alcaldesa, dun libro elaborado por eles, coa axuda do ilustrador Orballo, para a exposición que o Concello organiza con motivo do Día do Libro.

 

Os nenos e nenas de 1º A queremos facerlle a nosa pequena homenaxe aos libros neste día do libro.

 

LECTURAS RECOMENDADAS PARA NADAL

1º CICLO

 

Título:
30 - Tomás y la goma mágica
Ilustrador:
Colección:
1 - Ala Delta Serie Roja [+5 años]
Editorial Edelvives
ISBN:9788426352828

SINOPSIS:Tomás era un muñeco simpático, alegre y divertido. Sus mejores amigos, la pelota, el tren y la muñeca, lo acompañaban a todas partes, aunque a veces tuvieran que soportar su mal humor. Un día, al despertar, Tomás encontró una goma de borrar que a primera vista parecía común y corriente. Pero pronto comprendió que aquel objeto iba a cambiar su vida y la de sus amigos.

 

 


 

 

Titulo: La gallina Crestazul

 Autor: Daniel Nesquens

Ilustradora: Mariona Cabassa

Colección: Pez volador

Editorial:Almadraba

SINOPSIS:La gallina Crestazul es una gallina muy especial, le gusta tanto leer cuentos de piratas que se olvida de poner huevos como el resto de las gallinas del corral.

 

Con su imaginación y sentido del humor, transporta al lector, niño o adulto, a un mundo de fantasía e ilusión, y nos descubre
la importancia de la amistad, del juego y de la literatura como fuente de saber y de placer.

 

 

 


 

Título:A vella Lulula
Escritora:Mar Pavón
Ilustradora:Alessandra Cimatoribus
 Ed. OQO,
Coleccion: Colección O
ISBN: 978-84-9871-250-6

 


SINOPSIS:A vella Lulula decide lavar a roupa e colgala a secar no patio, a pesar do agoiro de tormenta. Voces misteriosas do seu xardín e que aparentemente proceden da cerdeira, o patinete, o sacho, o pozo, o balancín e ata do seu papagaio e do seu can, intentan disuadila.

 


OS PINTORES

Na biblioteca fixemos un pequeno proxecto adicado aos pintores, aproveitando que temos toda unha zona da biblioteca adicada a pintura. Cada curso elexiu un pintor, que traballou e estudou polo miudo. Coas obras fixemos un pequeno museo no corredor do 2º piso.


UNHA BIBLIOTECA DE MEDO.

A nosa biblioteca vestiu as súas máis terroríficas galas para que os nenos acudisen en masa a vela. ¡Que medo! Como se nota que anda solto o espírito do Samaín.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer