Animación á lectura

A casa de cartón

Tódol@s nen@s de 2º lemos un libro que se titula "A casa de cartón", gustounos tanto que decidimos imitar a súa protagonista: Collemos unha caixa de zapatos e fixemos unha casiña de cartón. Como tíñamos tantas e eran tan bonitas decidimos facer unha cidade enteira.

Verdade que quedou unha cidade fermosísima?

 

 

 

ANTONIO REIGOSA

O PRÓXIMO VENRES DIA 4 TEMOS O PRACER DE RECIBIR NO COLEXIO O AUTOR ANTONIO REIGOSA CO MOTIVO DO SEU LIBRO " A ESCOLA DE BRIADOR" QUE OS NENOS E AS NENAS DE 6º CURSO LERON O ANO PASADO.

              

 

ESPERAMOS PASAR UN RATO AGRADABLE CON EL E APRENDER MOITAS COUSAS

 

 

 

 

 

 

 

ANIMACION DE MANUEL SOLLA

O día 22 de marzo os nenos e nenas de 2º e 4º tivemos unha sesión de de animación a lectura con Manuel Solla sobre os libros "Coellos de etiqueta" e "Avenida do parque 14". Pasámolo moi ben, falamos, opinamos, debuxamos....

Ahí van unhas fotos:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Paco Peco Pequeneiro

 

Os nenos e nenas de 1ºA estivemos lendo xuntos o conto de Xelis de Toro "Paco Peco Pequeneiro e o lagarteiro miope", pasámolo moi ben, foi divertidísimo. Despois Pintamos a Paco Peco e copiamos a parte do libro que máis nos gustou.

2º A NA BIBLIOTECA

Os nenos e nenas de 2ºA, durante unha das súas visitas a biblioteca. Todos eles preparados para a lectura colectiva de "A flor de Tomiño" dos Bolechas.

O RATO HONORATO

Os nenos de 2º acabamos de ler a historia de Honorato, un rato poeta que estaba namorado da lúa. Gustounos moito a historia, e fixemos como Honorato, escribimoslle poemas a lúa e decoramolos cun debuxo. Mirade que ben nos quedou:

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer