Día do Libro

Celebrando o Día do Libro!

Este ano, dende a nosa escola, quixemos celebrar o Día do Libro dunha maneira especial, chea de creatividade e encontros enriquecedores. As iniciativas que levamos a cabo non só promoven o amor pola lectura e os libros, senón que tamén fomentan a colaboración e o intercambio de experiencias entre diferentes grupos da nosa comunidade educativa.

Unha das actividades destacadas foi o noso concurso de elaboración de marcapáxinas. Cada neno e nena deixou voar a súa imaxinación, creando marcapáxinas únicos e cheos de cor. Pero sen dúbida, o máis especial destes marcapáxinas é que contiñan un código QR que nos abría as portas a contacontos elaborados polos nosos propios alumnos e alumnas de 3º e 4º. Unha fermosa maneira de compartir historias!

Ademais, repartimos os nosos marcapáxinas polo concello, permitindo que calquera poida gozar destas creacións cheas de maxia!

             

Outra das actividades que nos encheu de ledicia foi “Lemos xuntos”. Aquí, todo o alumnado do centro tivo a oportunidade de mergullarse nunha experiencia de lectura compartida.

Os cativos de cole, recibiron unha visita moi especial do alumnado do instituto, os cales compartiron as súas lecturas favoritas, creando lazos entre diferentes niveles educativos.

   

Pola súa parte, os alumnos e alumnas do segundo ciclo xuntáronse cos usuarios da asociación AFAGA nunha marabillosa sesión de lectura, onde as idades se mesturaron e as historias os uniron.

                       

E para pechar esta actividade, os nosos nenos e nenas do terceiro ciclo levaron a maxia dos contos ás escolas infantís da nosa zona, facendo representacións cheas de creatividade e emoción.

 

 

 

Estas actividades non só promoven o gusto pola lectura e a creatividade, senón que tamén nos recorda a importancia de compartir experiencias, de unirnos en torno ás historias e de enriquecernos mutuamente.

Grazas a todos os que participaron nestas marabillosas iniciativas e que viva a LECTURA!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer