Marzo 2024

Senta un anaquiño e le un pouquiño

Inauguramos un novo espazo escolar: un recuncho especial dedicado á lectura compartida! “Senta un anaquiño e le un pouquiño” é unha casiña onde poderedes atopar diversos libros, a cal está deseñada para fomentar o intercambio de libros entre a nosa comunidade educativa.

O concepto é sinxelo: podes deixar un libro do que xa gozaches e coller outro que esperte o teu interese. Deste xeito, promovemos a lectura colaborativa e ofrecemos unha oportunidade para descubrir novas historias e aventuras.

Convidamos a todas as familias a participar neste emocionante proxecto! Esperamos vervos pronto en “Senta un anaquiño e le un pouquiño”

Equipo biblioteca e Equipo Patios.

 

Obradoiro de escritura de rap

Hoxe, o alumnado de 3º de EP tivo a oportunidade única de participar nun obradoiro de escritura de rap, impartido por Pedro Iglesias. Foi unha experiencia que non só lles permitiu explorar a súa creatividade, senón tamén aprender sobre a importancia e o poder da palabra.

    

Durante o obradoiro, os alumnos e alumnas foron guiados por Pedro para explorar diferentes temas e técnicas de escritura de rap. Con este obradoiro queremos animar aos nosos alumnos e alumnas a explorar diversas formas de expresión artística, e este obradoiro foi un exemplo perfecto. A través da música e a poesía, os estudantes puideron expresar as súas ideas, sentimentos e pensamentos. 

                                        

Agradecemos a Pedro por compartir o seu talento e inspiración con nós, e esperamos seguir ofrecendo experiencias enriquecedoras como esta no futuro.

 

 

Equipo de biblioteca.

Día mundial do TEA

Este ano coa finalidade de conmemorar o Día do TEA, 2 de abril, organizamos unha actividade moi especial “Non son invisible”

Non poderiamos levala a cabo sen os nosos voluntarios e voluntarias de biblioteca, os cales investigaron e involucraron ás familias. A nosa comunidade educativa xuntouse e elaborou lazos azuis, que foron usados para decorar o enreixado da nosa escola.

                                      

Con esta actividade queremos reflexionar e sensibilizar sobre a diversidade que nos rodea, construíndo deste xeito unha comunidade máis inclusiva e solidaria. 

Agradecemos a todos os que participaron nesta actividade e esperamos seguir colaborando xuntos, creando pontes para seguir avanzando, man a man, trazo a trazo, nunha sinfonía de cor tan infinita e variable como é o TEA.

 

 

 

 

Celebrando o Día do Cómic: Explorando novos mundos a través da banda deseñada

Na nosa biblioteca escolar estamos entusiasmados con celebrar o Día do Cómic, este ano dunha maneira especial. Os nosos voluntarios e voluntarias prepararon unhas caixiñas cheas de emocionantes cómics para que todo o alumnado explore e descubra este xénero literario.

 

Os cómics non só son unha forma de divertimento e entretemento, senón que tamén axudan a desenvolver a comprensión lectora, estimulan a creatividade, a imaxinación….

Queremos inspirar aos nosos alumnos e alumnas a mergullarse no marabilloso universo da banda deseñada  e a gozar da maxia da lectura.

Non perdades a oportunidade de descubrir os tesouros que agardan nas nosas caixiñas de cómics!

           

Recordade que todos estes títulos e máis están na nosa biblioteca! Achegádevos a ler!

11 DE FEBREIRO DE 2024: DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O pasado 11 de febrero conmemorarmos o Día da Muller e da Nena na Ciencia, por inciativa da Asamblea das Nacións Unidas.

Polo que no 2º ciclo traballaron  co kit de materiais achegado pola Xunta de Galicia en relación ao Programa de Polos Creativos.

Que experiencia máis enriquecedora!

  

  

  

  

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer