Radio

Obradoiro de escritura de rap

Hoxe, o alumnado de 3º de EP tivo a oportunidade única de participar nun obradoiro de escritura de rap, impartido por Pedro Iglesias. Foi unha experiencia que non só lles permitiu explorar a súa creatividade, senón tamén aprender sobre a importancia e o poder da palabra.

    

Durante o obradoiro, os alumnos e alumnas foron guiados por Pedro para explorar diferentes temas e técnicas de escritura de rap. Con este obradoiro queremos animar aos nosos alumnos e alumnas a explorar diversas formas de expresión artística, e este obradoiro foi un exemplo perfecto. A través da música e a poesía, os estudantes puideron expresar as súas ideas, sentimentos e pensamentos. 

                                        

Agradecemos a Pedro por compartir o seu talento e inspiración con nós, e esperamos seguir ofrecendo experiencias enriquecedoras como esta no futuro.

 

 

Equipo de biblioteca.

O Caselles no camiño: sexto: de Padrón a Santiago

E por fin toca facer a última etapa:  de Padrón a Santiago. Pero ollo, que é moi longa! Imos poñer aquí dous audios, xa que teñen tanto que contarnos os equipos de xornalistas de 6ºA e 6ºB. 

 

O Caselles no camiño: quinto: de Caldas a Padrón

Imos avanzando no camiño. Agora toca ir de Caldas a Padrón. E a mellor maneira de aguartar o cansanzo que levamos acumulado é escoitando este podcast de 5º. Canta información interesante!

O Caselles no camiño: cuarto: de Pontevedra a Caldas de Reis

O alumnado de 4º encargouse de informarnos á comunidade das cousas que podemos atopar no camiño entre Pontevedra e Caldas. Non perdades detalle!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer