Os voluntarios de 5º e 6º seguen a traballar na Biblioteca. Debido ó gran éxito que tiveron as lecturas e interpretacións pasadas, volveron a realizalas para diferentes grupos ademais de preparar diversas actividades sobre as mesmas. A que sabe a Lúa, Salvaje, Blancanieves y los siete enanitos e El viaje, foron as obras protagonistas nos Momentos Lectores.
Ademais de preparar estas interpretacións os voluntarios centráronse na elaboración do Menú Lector e na realización dun Memori. Este xogo conta cas portadas de diferentes libros que se atopan na exposición relacionada co proxecto E-Comedor.
Para ver todas as imaxes, prema aquí.
Dende a biblioteca estamos levando a cabo un proxecto de voluntariado. Alumnos de 5º e 6º, distribuídos por grupos, encárganse das diferentes actividades que se desenvolven no Momento Lector.
Unha destas actividades son as Lecturas Compartidas que están a ter un gran éxito. Os nenos, supervisados por dúas mestras, prepararon ditas lecturas xunto con diferentes actividades.Todas elas do máis motivador e dinámico.
Así, os alumnos de 1º puideron disfrutar do conto A que sabe a Lúa.
Os nenos de 2º escoitaron a lectura do libro Salvaje.
Os compañeiros de 3º disfrutaron do conto Blancanieves y los siete enanitos con representación incluída.
E por último, os alumnos de 4º deleitáronse co libro El viaje.
Para ver todas as imaxes, prema aquí.
Como dicíamos anteriormente, estas actividades están a ter un grandísimo éxito, polo que se repetirán ó longo de Febreiro con outros grupos.
Durante o mes de Novembro, dende a Biblioteca, realizamos multitude de actividades no Momento Lector.
Os máis pequenos, recordaron o conto “León de Biblioteca”, para posteriormente realizar un marcapáxinas ca forma deste animal.
Os nenos de segundo comezaron ca lectura “O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas”. Ademais de recordar as partes da portada dun libro.
Os compañeiros de terceiro e cuarto convertéronse en detectives. Por equipos, debían descubrir o título dun dos libros do noso menú lector “Ensalada de bruxas”.Máis adiante, traballarán co mesmo.
Por último, os alumnos de quinto e sexto, centráronse na elaboración dun mural co lema Non á Violencia de Xénero. Dito mural, colocouse no panel da Biblioteca o 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Para ver todas as imaxes, prema aquí.
Como xa sabedes, o tema escollido para traballar este ano no cole foi
PAÍSES E CULTURAS.
Por este motivo, dende a biblioteca, quixemos que os nenos/as coñecesen lendas e contos típicos do país que lle tocou traballar. Así, puideron disfrutar das diferentes lecturas.
O pasado mes de marzo adicámosllo ó teatro. Nenos e nenas de todos os cursos prepararon dúas obras de teatro moi divertidas, O Caracol Cardiño e O Elefante e os Cegos. Unha vez preparadas representáronas nos momentos lectores para que os demais compañeiros/as puideran disfrutar delas.
Contamos cuns actores e actrices marabillosos!
Durante o mes de xaneiro dende a biblioteca estivemos a traballar A ILUSTRACIÓN.
Nun principio realizamos un concurso no que os participantes debían adiviñar qué artista se agochaba tras as pistas. Foron varios os cativos que lograron dar ca solución: CASTELAO!
NORABOA ÓS GAÑADORES/AS!
Ademais realizamos un mural no que se expuxeron varias obras deste coñecido autor.
Durante o mes de decembro aproveitamos os momentos lectores para preparar un mural invernal!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer