COMEZAMOS

Benvid@s a un novo curso.

Este curso comeza con moitas novidades por mor da situación que estamos a vivir e que nos obriga a seguir un estricto protocolo para facer frente ao COVID.

Utilización de máscara, desinfección , ventilación, distancia de seguridade,.... Con todo imos  seguir facendo e disfrutando da música.

Como non se pode compartir o material nin poderemos, de momento, tocar os instrumentos que hai na aula, pídovos que traiades ao cole unha bolsiña individual con dous vasos de plástico, dous paus chinos e dúas culleres.

 

E para comezar déixovos dous vídeos:

  • O 1º é unha versión da canción " MAMBO NUMBER FIVE" de Lou Bega . Unha mestra de música de Albacete púxolle unha letra que fala das medidas de seguridade na volta ao cole para facer frente ao COVID. ( pinchade no enlace)

 

"Juntos te pararemos"

 

  • O 2º video é para practicar un acompañamento para a canción orixinal. Xa comezamos a practicalo na clase co alumnado de 4º, 5º e 6º.

 

Espero que vos guste.

Moito ánimo e ilusión neste novo curso!  Guiño