CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

blogue deluciasilva

"O NOSO PATIO"

Na 2ª xunta dos nenos/as, estivemos valorando as consecucións das peticións das distintas clases. E a verdade é que estamos moi contentos. Xa temos máis material de xogo para os recreos, puntos de lectura ou merenda no patio, e...estamos construíndo un areeiro para os nosos peques, e máis cousiñas.

Pouco a pouco, iremos construíndo o patio que queremos...

SEGUNDA XUNTA DOS NENOS/AS

O venres 29 de xaneiro teremos a segunda xunta dos nenos/as:

  • Lectura da acta anterior
  • Explicación da posta en marcha do proxecto "O noso Patio"
  • Consideracións sobre o proxecto. 

Queremos seguir facendo partícipes aos nenos e nenas do deseño do noso colexio. 

Sorriso

"GRAZAS"

Bueno chicos e chicas...

Chegou o momento de despedirnos, aínda que xa o fixemos nas videoconferencias.

Alfonso e Lucía, os vosos mestres de EF, estamos moi agradecidos e contentos da vosa participación na nosa asignatura. Enviastes moitas evidencias do voso traballo, e participastes activamente nas videoconferencias. 

Desexamos que pasedes un bo verán e que para o vindeiro ano nos vexamos e recuperemos o tempo perdido.

Moitos bicos.

"FIN DE CURSO 2019/2020"

Queridos nenos e nenas do Pedro Caselles:

Esta mensaxe é de parte de todo o profeorado do voso cole. Sabemos que este final de curso foi moi difícil para vós. Moitos recreos sen compartir, historias sen contar, excursións sen facer, festivais que non houbo, pero entre todos e todas fomos capaces...

Para os mestres e mestras tamén foi difícil, pero coa vosa axuda, implicación e colaboración puidemos levar o curso adiante. Queremos tamén agradecer ás vosas familias a súa participación incansable, e o seu apoio.

 

Aquí vai o noso agasallo!

 

BO VERÁN

"BAILE FUNKY"

Ola a todos e todas.

Esta semana tócanos divertirnos un pouco cun baile curto pero super divertido. Esperamos que vos guste.

Saúdos a todos e todas.

"LOITA"

Ola a todos e todas. Sabedes que a final de curso sempre practicamos a actividade de loita que é super divertida.

Aquí vos deixo un vídeo feito por compañeiros e compañeiras do noso cole. 

Desexo que vos guste e practiquedes estes xogos tan divertidos.

"RETO 1 MINUTO"

 

Ola a todos e todas.

Este novo reto consiste en que nun minuto, tedes que facer algúns destes deportes que aparecen na imaxe.

Por exemplo:

Dar golpes ao volante de bádminton.

Dar toques cun balón de voleibol.

Bailar un aro co corpo.

Botar un balón de baloncesto.

Andar nun monopatín.

Andar en bicicleta.

Se queredes mandarnos fotos ou vídeos curtos, animádevos.

Moitas grazas a todos e todas por participar. Estádelo facendo xenial.

"TOQUES CO BALÓN"

Ola a todos e todas...

Hoxe imos a propoñervos un reto co balón.

Tedes que intentar dar 10 toques co pé co balón sen que vos caia.

Ánimo....

Se queredes enviarnos un vídeo curtiño, xa sabedes...

Saúdos.

"XOGOS DE BALONCESTO"

Ola chicos e chicas.

Hoxe, como sabemos que vos gusta moito, imos a facer algún xogo de baloncesto.

1. Botar coa man dereita.

2. Botar coa man esquerda.

3. Botar cambiando de man.

4. Se temos alguén para xogar con nós, podemos ir pasándonos a pelota.

5. Facer zig-zag botando.

6. Se tedes canasta podedes practicar tirando.

Espero que o pasedes moi ben. 

Saúdos a todos e todas.

"PIRÁMIDE EXIPCIA"

O obxectivo do xogo é montar e desmontar pirámides con vasos reciclados (iguais) no menor tempo posible.

Precisamos: vasos de plástico ou cartón e un cronómetro.

Cómo se xoga: elíxese a pirámide que imos a intentar construír: 3+2+1, 4+3+2+1 o 5+4+3+2+1.

Ponse en marcha o cronómetro, constrúese a pirámide apilando os vasos e ao rematar párase o cronómetro.

Podes intentalo varias veces para reducir o tempo.

Non te esquezas de enviar os vídeos.

Grazas.

Distribuir contido