CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

blogue deluciasilva

28 de abril: "DÍA EUROPEO DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA"

Ola Marea verde. Mellor dito sería "´Día da Educación Física na rúa", pero este ano pasarémola na casa. 

Non por elo imos a deixar de celebrar o noso día. 

Esperemos que todos e todas participedes facendo a vosa actividade deportiva favorita, ou ben das que vos colgamos no blogue, ou calquera outra. 

Se tedes chándal ou equipaxe do cole poñédeo. 

Mandade a vosa foto a: efcaselles@gmail.com

Despois verémolas todas xuntas.

A disfrutar co deporte. Risa

"AS CHAPAS"

Ola a todos. Seguro que xa coñecedes este xogo. O primeiro que tedes que facer é gardar os tapóns das botellas, que seguro que xa o facedes. 

Circuito: se tedes balcón, terraza etc... podedes facelo con xiz, e se é no interior da casa con outro material como cinta adhesiva etc... (preguntade aos vosos papis). Despois facedes dúas liñas paralelas cunha saída e cunha meta. Que teña  moitas curvas para que sexa máis divertido. 
Reglas do xogo: as saídas do circuito penalízanse con volver a empezar, e está permitido chocar unhas chapas coas outras para poder sacar do circuito ao contrario. Tamén podedes xogar sós, intentando dar o mínimo número de golpeos para chegar á meta.
Golpeo: tedes que golpealo coa uña do dedo corazón, axudado para máis forza e precisión co pulgar.
Espero que disfrutedes un montónRisa
 
 

TRIVIAL EDUCACIÓN FÍSICA

Aqui tedes un trivial de Educacion Física super divertido para poder xogar con toda a familia!

Debaixo tedes 3 documentos adxuntos: explicación, taboleiro e cartóns. Animádevos a xogar en familiaRisa

"AFINA A TÚA PUNTERÍA"

Hoxe imos a probar a vosa puntería. Seguro que pola casa tedes algunha pelota blandiña. De non ser así, podedes facer unha con papel!

Xogo 1: cun implemento que teñades pola casa (raqueta etc), tedes que movervos polos distintos espacios dando toques sen que caia.
Xogo 2: con esa mesma pelota, intentar derribar algún obxeto colocado para ese fin (botes vacíos etc...).
Xogo 3: intentar meter a pelota nunha papelera, cubo etc...
Xogo 4: cunha canciòn relaxante, tumbarse nun lugar cómodo e masaxear as distintas partes do corpo coa pelota.

A disfrutar!

"MÓVETE CON DORA E BOTAS"

Baila e segue os movementos que fai Dora e Botas. Verás que o pasas xenial!

A ver quen se atreve a mandarnos o video  bailando a primeira: "O wim o we".  

Animádevos!

efcaselles@gmail.com

"MOVETE COA EDUCACIÓN FÍSICA"

Trátase dun xogo interactivo, no que tes que elixir unha ficha, darlle ao dado e mover a ficha polas casillas. En cada unha delas terás que faceer unha actividade diferente.

Pincha na imaxe para xogar.

A DIVERTIRTE!

 

!XOGA CON GLOBOS!

Hola nenos e nenas do Caselles. Benvidos de novo. Os mestres de EF desexamos que todos e todas esteades ben. 

Non por estar na casa, deixaremos de xogar. 

Hoxe toca xogar con globos, que así non rompemos nada, verdade?

Quecemento: Temos que poñer unha canción e non deixar que o globo caia ao chan ata que remate a canción.

XOGO 1:Hockey con globos. Cun pao dunha escoba a modo de stick, intentaremos meter gol nunha portería improvisada. Animade aos vosos irmáns, papis, avós...

XOGO 2: Equililibrio con globos. Se podedes por parellas levar o globo entre dúas persoas con distintans partes do corpo. Se o facedes sós, levalo con distintas partes do corpo: man dereita e esquerda, pé...

Relaxación: a escoitar unha canción relaxada e masaxear as distintas partes do corpo co globo, e pensar en cando poidamos volver a vernos.

Saúdos a todos, MAREA VERDERisa

 

¨TIRO PORQUE ME TOCA¨

XOGOS EN FAMILIA

Bos días, podedes aproveitar no tempo libre para empregar os xogos de mesa, que seguro tedes na casa: parchís, oca, xadrez, tres en raia, catro en raia...

YOGGA PARA NENOS E NENAS

E para mover un pouco o corpo e relaxarse, outro vídeo de yogga moi divertido. Saúdos a todos e todas.

Distribuir contido