CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Recursos

Ideas para estar na casa

Propostas de tarefas para realizar dentro da casa, dende o DO, profes de PT e AL:

  • Fai un horario da semana e planíficate. faino ben bonito.
  • Ordea a túa habitación e fai un listado das cousas que tes nela (tamén podes facer un debuxo).
  • Busca en google unha figura para facer con papiroflexia e practica a calma e a paciencia.
  • Fai unha manualidade chula, plastilina, masa de xogar, masa de sal, etc.
  • Inventa un xogo e debuxao.
  • Ve unha película e fai un resumo ou debuxo.
  • Recorta debuxos ou fotografías de revistas ou xornais e fai un cómic.
  • Escribe un diario de cada día que estamos na casa, no que contes que fíxeches, que aprendiches de novo, con quen estiveches.... tamén podes facer debuxos para acompañar.
  • Xoga a xogos de mesa coa túa familia. Parchis, Monopoly, Tabú, pictionary...
  • Fai un listado de palabras ou oracións con distintos elementos do noso fogar ( podemos facelo por habitacións, por exemplo: palabras da cociña, do cuarto de baño, garaxe...)
  • Busca tickets de supermercado e fai distintas operacións con eles (sumas, restas, multiplicacións...).
  • Fai debuxos dos paisaxes que ves dende o teu fogar e describeos.
  • Busca por casa algunha fotografía e escribe algunha oración que a defina.
  • Aprende unha cantiga ou estrofa dunha canción.
  • Recolle información sobre un tema que che interese coma por exemplo "os dinosaurios".
  • Cociña algo e escribe a receita (pode ser con debuxos).
  • Colle revistas,xornais, folletos... e recorta distintas palabras sinxelas co obxetivo de elaborar un dicionario pegando as palabras recortadas.
  • Imaxina que entrevistas a alguen famoso, inventa preguntas divertidas.
  • Esconde mensaxes positivos por casa. Colle papel e lápiz e deixa mensaxes sorpresa pola casa.
  • Debuxa retratos da xente da casa ou de fotos.
  • Escribe o teu árbore xenealóxico. Colle papel e lápis e reproduce a árbore da túa familia cun debuxo.
  • Fai un collage. Saca as revistas vellas e monta un personaxe divertido ou unha paisaxe imposible.
  • Planta lentellas con algodón mollado e vai debuxando o seu proceso.
  • Escribe unha carta a unha persoa especial.
  • Crea marcapáxinas.

Sobre todo sigue sorrindo :D

 

* Ideas quitadas do estupendo traballo das compañeiras do CEP Xose Neira Vilas e da Estación Bambalina.

Información sobre o Coronavirus con pictogramas - Ministerio de sanidade e ARASAAC

Información cobre o Coronavirus con pictogramas. Adaptación da información do ministerio de Sanidade con Pictogramas de ARASAAC, feito por Fátima García Doval. Tendes a información tanto en Galego coma en Castelán.

 

Tamén  subimos a explicación do coronavirus a persoas con TEA de Nerea Ortiz Moreno.

Construir un arco iris con distintos materiais para colgalo en ventas e balcóns. A inicitiva xurde en Italia co obxetivo de combatir o confinamento nos domicilios a causa do Coronavirus, obtido da páxina de Arasaac

 

 Historia social sobre o coronavirus

 

* Tendes todo o material enlazado nas imaxes.

Aprende as emocións

Bos días rapaces e familia, nestes días nos que todos e todas temos as emocións un chisquiño revoltas, envíovos un vídeo do conto "El mounstruo de colores" para ver na casiña. 

Distribuir contido