Skip to Content

Contratos-Programa

actividades dos contratos-programa

MAGOSTO

Alá polo San Martiño, celebramos na escola a xornada de xogos tradicionais e o magosto. Con esta damos comezo ás festas, celebracións e conmemoracións que, como poderedes comprobar ao longo de curso, non son poucas.

Queredes ver que ben o pasamos? Pois mirade o noso álbum.

Álbum: CURSO 23-24 -> MAGOSTO

CIBERSEGURIDADE

Capitaneados polo mestre Pablo e os seus titores, Sonia e Fran, o noso alumnado do 3º ciclo demostrou que é o que máis sabe de seguridade na rede. Presentáronse a un concurso de ciberseguridade e que non sabedes que paso? Pois que GAÑARON!! Moi emocionados foron á final que tivo lugar en Santiago de Compostela, houbo moitos nervios e momentos algo tensos, pero mereceu a pena.

PARABÉNS CAMPIÓNS!!

(clicade na imaxe)

 

SEMANA DOS BATIDOS

Hoxe comeza á SEMANA DOS LÁCTEOS no CEP Carlos Casares!!. Durante os vindeiros 5 días, repartiremos lácteos entre o noso alumnado. Este curso serán iogures bebibles de distintos sabores, natural, fresa ou chocolate. Esta actividade está incluída nos Contratos - Programa na modalidade EduSaúde e no Plan Proxecta: Proxecto de vida activa e deportiva.

COMEZAN OS DETECTIVES VERDES

O luns 17 de outubro comezamos a desenvolver a actividade de detectives verdes. O obxectivo é concienciar ao alumnado no respecto ao medioambiente, limpeza do centro e da eficiencia enerxética. Semanalmente haberá un grupo encargado de supervisar todo o centro. Un día á semana, xunto co titor/a fará a revisión das aulas e colocaranlle as pegatinas de cor vermello ou verde segundo corresponda, se cumplen ou non coas normas establecidas con anterioridade. Este grupo será heteroxéneo, no que haberá un/ha representante de cada curso para que sexa unha actividade democrática e transparente.

Esta actividade está incluída no Contrato - Programa Inclúe, Convive-T.

SEMANA DOS LÁCTEOS NO CEP CARLOS CASARES

A vindeira semana na hora do recreo, repartiremos lácteos entre o noso alumnado. Este curso van ser iogures bebibles de distintos sabores. Esta actividade está incluída nos Contratos - Programa na modalidade EduSaúde e no Plan Proxecta: Proxecto da vida activa e deportiva.

Obradoiro de cociña en Inglés.

Este curso aproveitamos o obradoiro de cociña para practicar o inglés. A mestra Belén ensinounos a facer unha deliciosa sobremesa. Ademais de practicar a lingua inglesa, tamén traballamos contidos propios das matemáticas: masas, volumes, tempos, capacidade, temperatura. Ata tivemos que desafiar algunha lei física: como escachar un ovo sen tirar con todo, nin romper nada?Risa.

Mesmo practicamos o ritmo fóra das clases de música... Quen dixo que bater ovos fora doado?

 

 

SEMANA DOS LÁCTEOS

Durante o período do 14 ao 18 de febreiro repartirémoslle ao alumnado un batido durante o tempo de recreo. Ao alumnado alérxico ou intolerante á lactosa daráselle un iogur bebible sen lactosa.

Esta iniciativa está recollida dentro da modalidade dos Contratos Programa EDU - Saúde, na que se pretende que o centro sexa un dinamizador da vida saudable.

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz en non violencia. data que coincide co aniversario de Mahatma Ghandi, líder pacifista que promoveu a non violencia e a resistencia fronte a inxustiza.

Na clase de 2º, en colaboración coa mestra Silvia traballamos a paz mediante a lectura de contos: " A pomba dona Paz" de Ramón Caride. "Batalla de Naipes", "Wangari y los árboles de paz" e "Que viva a paz". Tamén deseñamos pombas da paz, fixemos un foldable de Ghandi e pescudamos sobre Malala.

Tamén fixemos nubes de palabras co programa WORD ART en forma de pinga de auga para o conto colaborativo que nos propuxeron facer dende os equipos de DNL e Bibloteca.

Álbum: CURSO 21-22 -> DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

PROGRAMA ARCO

 

TRABALLAMOS CON XEOPLANOS E CON BLOQUES LÓXICOS

As matemáticas parécennos moi divertidas. Encántanos facer construcións con bloques lóxicos. Sáennos resultados xeniais. As veces ata reproducimos obras de arte!

A semana pasada comezamos a traballar con xeoplanos. Son unhas táboas de plástico ou de madeira con clavos. Nós facemos figuras xeométricos utilizando gomas elásticas de cores que se suxeitan nos clavos.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut