Skip to Content

ERASMUS + RUSH

Programa especial: o Magosto

A pasada semana, o alumnado de 2º curso emitimos un programa ben completiño desde Radio Saltamontes! 

Este xirou arredor do Magosto e da castaña, para aprender un pouquiño sobre esta festa tradicional que tanto nos gusta. Pero ademais, tamén aprendemos datos ben interesantes sobre a historia da castaña e algunha que outra curiosidade, repasamos o refraneiro, cantamos cantigas e até partillamos unha receita ben suculenta das filloas de castaña. Só de volver a escoitala xa se nos fai a boca auga... 

 

Collede lapis e papel que este programa éche do máis interesante!

 

Boa escoita!

 

As nosas historias de 3º

Bo día!

Unha semana máis, vimos cunha nova edición de Radio Saltamontes. O pasado mércores 6 de novembro, o alumnado de 3º, con axuda da nosa mestra Susana,elaboramos un conto ben fandangueiro con motivo do Magosto. O seu protagonista é Antón, que desexa ser castañeiro coma súa nai. Un bo día, Antón atópase unha castaña dourada e... ata aquí lemos! Deberedes escoitar con moita atención para seguir as aventuras de Antón e a preciada castaña.

 

Esperamos que vos guste tanto como a nós crealo!

 

Boa escoita!

SAÍMOS NA PRENSA!!

O MAGOSTO

A pasada semana celebramos o Magosto xunto coas nosas convidadas e convidados procedentes de Cividale del Friuli e Rovinj; e para iso vestimos ao noso centro coas súas mellores galas e… mesmo contamos cunha auténtica vaixela de Sargadelos!

 

O día comezou coa plantación de 3 árbores, unha por cada rexión participante no Proxecto Rush: Friuli, Istria e Galicia; que a partir de agora serán uns habitantes máis no CEP Carlos Casares.

 

E como non podía ser doutro xeito, logo de tanto traballo fumos cargarnos a tope de enerxía cun pequeno almorzo porque aínda nos quedaba por diante unha gran xornada de xogos e moita, moita diversión!

 

Agradecer de novo a Carmo e Manolo polo seu traballo e compaña como cada ano, sen o cal o Magosto non sería o mesmo!

 

Deixámosvos uns enlaces para que poidades descargar as fotos que máis vos gusten:

Plantación de árbores: https://photos.app.goo.gl/UQWCjbvtS173mXWb7

 

Xogos, castañas e salto á fogueira:  https://photos.app.goo.gl/hwCfJrbW6sMjN3Wr5

 

Ata a próxima!

 

 
 
 

O NOSO PROGRAMA MÁIS INTERNACIONAL

O pasado xoves 24 de outubro, desde Radio Saltamontes transmitimos un programa moi especial, acompañados do alumnado procedente de Cividale del Friuli e Rovinj (Istria), co que partillamos unha semana chea de momentos inesquecibles.

Neste programa, explicamos entre outras cousas, en que consiste o Proxecto RUSH e porque é tan importante para nós. Tamén preparamos algunhas preguntiñas para coñecer un pouco mellor aos nosos convidados e convidadas. 

 

Estade ben atentos porque traemos algunha que outra sorpresiña para despedir o programa tal e como se merece!

Aproveitamos para agradecer ás familias acolledoras e a todo o alumnado pola súa xenerosidade e boa disposición e así converter ao noso centro nun espazo de encontro internacional!

 

 

Ata outra e... BOA  ESCOITA!
 
 
 

BENVIGNÛTS, BENVIGNUDI, BENVIDOS E BENVIDAS!

 

Hoxe, luns 21 de outubro, o CEP Carlos Casares dou a benvida ao alumnado e

 

 

profesorado friulano e istrio, que nos acompañará ao longo desta semana a través

 

do Proxecto RUSH do Erasmus+.

 

 

 

 

Paqui, a directora do CEP, xunto co alumnado acolledor; foron os encargados

 

 

de presentar aos que serán os nosos novos compañeiros e compañeiras. Así,

 

 

descubrimos que cousas saben sobre Galicia, cales son as súas afeccións, as súas

 

 

comidas favoritas, etc. e até aprendemos un pouquiño de italiano!

 

 

Entre o alumnado friulano, incorpóranse as nosas

 

 

aulas Nina e Giorgia en 3º, Rosita en 5º e Flaminia e Luca en 6º curso. Pola súa

 

 

parte, entre o alumnado procedente de Istria contamos con Nicole, Flora,

 

 

Lana e Gabriel en 5º e Danea en 6º curso. Non nos esquecemos do profesorado

 

 

estranxeiro; Marina, Fabio e Loredana, que esperamos, desfruten moito a estadía

 

 

en Alxén.

 

 

 

 

 

 

Benvignûts, benvignudi, benvidos e

 

 

 

benvidas!

A NOSA GASTRONOMÍA

 

O pasado 4 de outubro os nosos compañeiros de 6º curso coceron a lume lento un programa moi saboroso sobre a gastronomía do noso condado, sen esquecer un dos ingredientes que máis lle gusta a grandes e cativos: as festas gastronómicas!

 

Non perdades detalle para estar ao tanto de todas aquelas verbenas que transcorren ao longo do ano na nosa contorna e...

 

B proveito!

 

 

XORNADAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os días 13, 14 e 15 de maio tivo lugar en Santiago de Compostela unhas xornadas que forman parte do proxecto RUSH. Foron organizadas por outro dos membros deste programa, a Consellería de Educación, nomeadamente Noemí e Elena. Viñeron todos os outros socios,Cividale del Friuli, Rovigno (Istria) o ARLEF (Italia) e como non, o IES Salvaterra. 

O día 13 foron reunións de traballo para decidir o que se vai a facer a partires de agora e concretar datos sobre a próxima visita a Salvaterra, que terá lugar dende o día 21 ata 25 de outubro deste ano.

O día 14 tivo lugar un evento multiplicador ao que asistiron moitos mestres doutros centros. Hobo varias ponencias moi interesantes, Jorge Mira (físico galego) Iolanda Castaño (poetisa galega) Iago Buerger (mestre do IES Cova Terreña e un dos "culpables" de que nós esteamos nesto) pero as mellores de todo a que non sabedes de quen foi?? Da nosa directora Paqui!! e a de Víctor, o director do IES, fixérono xenial!!!

PARABENS COMPAÑEIROS!!

 

CENTRO DE RECURSOS

Un dos socios participantes neste proxecto ERASMUS+.RUSH é o ARLEF (Agjenzie Regjonal pe lenghe furlane). É unha axencia que se encarga de difundir a lingua friulana, lingua minoritaria de Cividale del Friuli, que como sabedes é a cidade á que pertence outro dos centros participantes. 

Pois ben, eles quedaron encargados de crear un centro de recursos con todo o material que se vai producindo e sabedes que? QUE XA ESTÁ CREADO!!!

Aqui vos deixamos un enlace para que poidades visitalo, premede na imaxe.

PROPOSTAS MENÚS PARA O RUSHMENU

Está moi ben eso de crear un logotipo para un menú peeero... e a comida que? Case mais importante que o deseño é a comida non si?

Pediusenos que escolleramos un menú que constara de 4 pratos: entrante, primeiro, segundo e sobremesa.

E estes foron os que escolleron os/as nosos/as alumnos/as, que vos parece? Cales escolleriades vós?

 

Distribuir contido


by Dr. Radut