Skip to Content

Normalización e Dinamización Lingüística

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

TRABALLOS SOBRE O VIÑO 5ºA

Traballos de Lingua Galega feitos polo alumnado de 5ºA, sobre o viño:

 

 

 

 

VÍDEOS SOBRE O VIÑO. 6º

   
   

PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL DÍA DE ROSALÍA

O programa de radio do segundo trimestre que eleboraron o alumnado de 5º B, foi adicado a conmemorar o DÍA DE ROSALÍA.

Non deixedes de escoitalo!

DÍA DE ROSALÍA 2016

HOXE É O DÍA DE ROSALÍA E QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS A POSTAL QUE SAÍU ELIXIDA E QUE LLE ENVIAMOS ÁS FAMILIAS DO NOSO ALUMNADO, POR CORREO POSTAL.

É UNHA INICIATIVA QUE DENDE VAI  ANOS A AELG ESTÁ LEVANDO A CABO. NO NOSO CENTRO PARTICIPAMOS EN TODAS AS CONVOCATORIAS.

PARA TODA ESTA SEMANA PROGRAMAMOS VARIAS ACTIVIDADES , PARA HOMENAXEAR A ROSALÍA DE CASTRO.

 

NESTA OCASIÓN PROPÚÑASE QUE O ALUMNADO CREARA UNHA POSTAL  QUE FIXERA ALUSIÓN A UNHA ESTROFA DO POEMA ALBORADA, DE CANTARES GALLEGOS.

A POSTAL SELECCIONADA FOI COLABORATIVA. A PARTE DO TEXTO ESTÁ FEITA POR LÚA, DE 3º E A ILUSTRACIÓN, POR IRIA, DE 2º.

 

PROGRAMA DE RADIO. DÍA DA RADIO. PONTE NAS...ONDAS

A continuación podedes escoitar e ver o programa de radio co que o centro participou na convocatoria que cada ano fai a organización Ponte nas.. ondas para celebrar o Día da Radio.

 

 

CADERNO DE CAMPO. ROTEIRO "O VIÑO" EDUCACIÓN.FÍSICA

Unha das actividades que fixemos os dous centros conxuntamnete foi o roteiro "O Viño", no que visitamos as adegas de La Val, Señorío de Sobral e Pazo de San Mauro.
Esta actividade foi organizada por Luz Gómez Leiras, mestra de Educación Física do CEP Carlos Casares.
O alumnado estaban organizados en grupos heteroxéneos, onde había alumnos do IES e do CEP Carlos Casares. Cada grupo ía supervisado por unha mestra ou profesor/-a. Ao longo do percorrido debían ir cumplimentando o seguinte caderno de campo.
Houbo dous grupos gañadores, o que fixo máis preguntas correstas e o grupo que conseguíu máis datos de interese.


MONTAXE DIXITAL 2º

Na aula de informática o alumnado de 2º tiveron que crear unha montaxe relacioanda co Proxecto Salvaterra de Viño, seguindo os seguintes pasos:
  • Crear un documento OpenOffice
  • Nomealo
  • Buscar na internet unha imaxe relacionada co viño 
  • Gardala no seu cartafol, nomeándoa
  • Inserila no documento
  • Modificar o tamaño e con axuste contínuo
  • Poñerlle un marco,
  • Modificar o estilo e a cor de liña
  • Engadirlle unha sombra
  • Inserir un Fontword co nome do obxecto elixido.
  • Modificar o tamaño para adaptalo ao espazo dispoñible
  • Inserir unha autoforma
  • Modificar o tamaño, modificar a área
  • Modificar a liña: estilo, cor e largura
  • Escribir nela o seu nome
  • Modificar a letra: tipo, tamaño e cor

Aí vai o resultado...están moi orgullos@s do que foron quen de facer!!!!

 
 
 


Distribuir contido


by Dr. Radut