Skip to Content

NOVIDADE!!! ATENCIÓN!!!! DESCARGA DA APLICACIÓN ABALAR MÓBIL

Prezadas familias!!!

Antes de nada, como estades???

Infórmovos que seguindo as instrucións recibidas xa podemos publicar as notas do segundo trimestre. No noso colexio xa tiñamos previsto na PXA, que se aproba a comezos de curso, que as xuntas de avaliación ían ser o 16 e 17 de marzo. Por iso nós xa tiñamos todas as probas e todo o alumnado avaliado antes de que se decretara o estado de alarma.

Dada a situación que estamos a vivir, na que é de obrigado cumprimento estar confinad@s, ides recibir as cualificacións d@s vos@s fill@s a través dunha aplicación que se chama Abalar Móbil.

Para iso é preciso que a descarguedes nos vosos dispositivos móbiles. É gratuíta.

Decidimos publicar as cualificacións o día 1 de abril, para que vos dea tempo a tod@s a tela descargada.

Entendemos que neste momento as cualificacións non sexan unha prioridade, nin para vós nin para @s nen@s, pero así xa nos queda rematado o segundo trimestre.

Mentras non teñamos novas indicacións , seguiremos co "teleensino/aprendizaxe" como o fixemos nestas dúas semanas.

Para calquera dúbida que teñades relacionada coas titorías, escribídelle ao correo do ciclo. Para calquera dúbida ou para facer algunha proposta de mellora, a nivel de centro, escribídeme ao correo do colexio.

 

Premendo sobre esta imaxe, podedes ver unha guía onde se vos indica como descargar a aplicación e unha guía de uso.

 

 

ENTRE TOD@S CONSEGUIREMOS PARAR ESTA PANDEMIA!!! COIDÁDEVOS E COIDÁDE@S!!!!

 

 

A DIRECCIÓN DO CEP CARLOS CASARES

 

AdxuntoTamaño
guia-mobil-familias-galego.pdf1.74 MB


page | by Dr. Radut