Skip to Content

RUSHMENU

Neses días que estivemos en Cividale del Friuli, ademais de compartir experiencias cos compañeiros das outras delegacións, ver como traballaban eles nos seus centros, tivemos moitas reunións de traballo onde tiñamos que poñernos dacordo sobre que iamos traballar este curso e o vindeiro. Tiña que ser un proxecto no que puideramos estar involucrados os tres países e no que que cada un puidera aportar algo. Chegamos á conclusión de que o mellor sería crear un restaurante. Ese restaurante vaise chamar RUSHTAURANT, e terá un menú degustación con platos tipicos de Istria, Friuli e Galicia. Os centros de primaria son os encargados de deseñar o logotipo que irá nese menú degustación que levará por nome RUSHMENU.

Cada delegación tivo que presentar tres logotipos e o día 25 de febreiro realizouse unha videoconferencia para facer a votación da que saiu o logo gañador.

Aquí vos deixamos imaxes de todos os logos presentados, veredes que bonitos son todos, a votación foi moi complicada!!

Estes son todos os logos do noso cole que se presentaron á primeira fase do certame, a fase de centros, de aquí sairon os que pasaron á seguinte, a fase intercentros

 E aquí tedes os logos das outras delegacións que pasaron á fase intercentros, de aquí saiu o logo gañador, o que levará o produto final do proxecto o RUSHMENU.



page | by Dr. Radut