Skip to Content

VISITA Á CIDADE DE OURENSE

 

Ourense

 

 

 

 

O día 24 de novembro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixemos unha saída a Ourense, a terceira cidade de Galicia.

Nós visitamos as Burgas, a Praza Maior, a Catedral, o Conxunto Arqueolóxico de Santomé e fomos no tren, que sae da Praza Maior, ata as Termas de Outariz. Polo camiño vimos un matadoiro e a profe Puri dicíame que me ían deixar alí. O percorrido remataba nas Termas de Outariz, onde había moita xente porque a auga estaba quentíiiiiiiisima. Logo, algúns tomamos un granizado de limón que estaba moi bo. Só faltaba levar a toalla e o bañador para meternos nas pozas! QUE MÁGOA!

 

Brais Fernández

   
   
   
   
   
   



page | by Dr. Radut