Skip to Content

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro foi o día de Rosalía e para celebralo sumámonos á proposta da Asociación de Esc ritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) co lema #sementade Pensamentos.

Entre todos os cursos decoramos un pensamento que colocamos no corredor. Mirade que bonito nos quedou.Cada nivel decorou e escribiu versos no seu pétalo. Como os pensamentos só teñen 5 pétalos e somos 6 cursos, a primeiro tocoulle decorar o talo.  Ademáis, durante a semana do 21-25 de febreiro cada curso plantou pensamentos na súa parcela do horto.

Álbum: CURSO 21-22 -> DÍA DE ROSALÍA


album | by Dr. Radut