Skip to Content

Novas, Circulares informativas

CRISE DO COVID19: COMO IMOS TRABALLAR?

Estimadas familias:

Seguindo as instrucións do 13 de marzo de 2020 da Consellería de Educación, e por mor da crise sanitaria, o alumnado do noso centro poderá continuar co seu proceso de aprendizaxe a través desta mesma páxina,  do seguinte xeito: 

  • Educación Infantil: A través da aula virtual e o blog.
  • 1.º de Educación Primaria: A través de Abalar móbil e uso do blog “jugandoyaprendiendoen1c”
  • 2.º de Educación Primaria: Realizar traballo entregado polas titoras. Información puntual por Abalar.
  • 3.º de Educación Primaria: Realizar tarefas programadas e seguimento por Abalar.
  • 4.º de Educación Primaria: Comunicación a través de Abalar móbil e aula virtual.
  • 5.º de Educación Primaria: Páxina web e aula virtual de 5.º. Puntualmente Abalar.
  • 6.º de Educación Primaria: A través do blog Raparigos “rapacinos2. blogspot.com” e a páxina web.
  • Relixión: Aula virtual da web e Abalar móbil.
  • English: Realización de tarefas entregadas e comunicación a través de Abalar e web do centro (creación aula virtual de inglés).
  • Música: Aula virtual e web do centro

INFORMACIÓN SOBRE O PECHE DOS CENTROS POLA CRISE SANITARIA

Seguindo as indicacións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, o CEIP Plurilingüe Wenceslao  Fernández Flórez suspenderá as actividades lectivas de modo oficial o luns 16  de marzo de 2020, e de xeito recomendable a partir de mañá 13 de marzo de  2020, durante 14 días; non obstante, mañá o centro permanecerá aberto.  

Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, comedor e servizo de madrugadores.  

Ao longo destes 14 días, o centro utilizará a páxina web do centro para informar e comunicar ás familias de todas as novas que sexan do voso  interese.  

Ao mesmo tempo, ao longo destes días, o profesorado do centro determinará cal é a canle máis axeitada para programar actividades relacionadas cos  contidos curriculares, para que o seu alumnado as poida realizar no seu  domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.  

A Coruña, a 12 de marzo de 2020

A dirección 

ACLARACIÓN SOBRE A CANCELACIÓN DAS CLASES

Dado que o Presidente da Xunta de Galicia anunciou o peche dos  centros educativos para o próximo luns, 16 de marzo, os alumnos e  alumnas do centro que, no día de mañá, asistan ás clases poderán levar  os libros para as súas casas á saída (14.00 horas).  

Os pais/nais/titores/as (ou persoas nas que deleguen) do alumnado que NON asista mañá ás clases, poderá recoller os libros en horario de 11.30  a 12.20 horas. 

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Distribuir contido


by Dr. Radut