A dirección do CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez, tendo en conta a situación de alerta nacional, e seguindo :
- O Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
- As indicacións das instrucións do 13 de marzo de 2020 por parte da Consellería con respecto ás medidas a adoptar en relación coa pandemia Covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020.
INFORMA:
Con respecto ao proceso de admisión:
- Suspensión de prazos administrativos das entidades do sector público, definido na Lei 39/2015, de 1 de octubre, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia o presente real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.
- Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática.
Con respecto á presenza de persoal docente no centro:
- Suspéndese a actividade educativa presencial en tódolos centros e etapas, ciclos, graos, cursos e niveis de ensinanza contemplados no artígo 3 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
- Durante o período de suspensión manteranse as actividades educativas a través das modalidades a distancia e «on line», sempre que resulte posible.
Con respecto á atención do alunado:
- Temos publicado na nosa web as canles de comunicación e información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas coas que se traballa habitualmente. Ao mesmo tempo o profesorado facilitará, na medida do posible, propostas de actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios.
O CENTRO EDUCATIVO, DENDE HOXE, LUNS, 16 DE MARZO DE 2020, PERMANECERÁ, POLO TANTO, PECHADO ATA NOVO AVISO.
Medios de comunicación co centro:
Moitas grazas a todos/as pola vosa comprensión.
A Coruña, 15 de marzo de 2020
A dirección do centro