Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Outubro 16, 2019
Start: 16/10/2019 23:01

Neste curso, dende o equipo da natureza, propoñemos coñecer as árbores do noso cole empezando pola nosa nogueira.

Por outra banda, durante o mes de setembro o grupo de xardiñeiros do Concello, que desenvolven un proxecto no noso centro, axudáronnos poñendo a punto os bancais que instalaron no curso pasado ademais de engadir un novo para as caléndulas.

Retiraron os restos dos cultivos do verán, conservando e transplantando os amorodos, instalaron un novo sistema de rego por goteo e prepararon a terra para plantar os cultivos de outono-inverno.

Tamén puxemos en marcha a composteira, no seu lugar axeitado.

O venres 4 de outubro, os alumnos de 3º a 6º baixaron a plantar cadansúa planta nos bancais, cunha breve explicación por parte do equipo do concello. Prantaron repolo, brécol, cebolas, porros e espinacas.

Seguiremos traballando!

Premede sobre a imaxe para ver a presentación de fotos.

Martes Outubro 22, 2019

Queridas familias:

O neno /a de Educación Infantil e Primaria, está na mellor idade para poder inculcarlle o gusto pola beleza dos libros. Ademais, diversos estudos, afirman que o neno/a que posee hábitos de lectura enfróntase máis fácilmente cos libros de estudo.

En todo neno/a hai unha actitude innata para todo o que sexa beleza, narración, poesía... tan só é preciso educala. É por isto que debemos elixir libros que estimulen a imaxinación, que transmitan información, que satisfagan a súa curiosidade e teñan unha linguaxe axeitada á idade.

Partindo de que a lectura é o mesmo para a mente que o exercicio para o corpo, debemos favorecer un ambiente onde o neno/a sentirá a necesidade de ler, manipular e observar diversos libros como fonte de pracer.

O conto é o principal motivador para iniciar unha serie de aprendizaxes escolares, xa que desperta gran interese nos nenos/as, pois lles permite:

► Comprender sentimentos de outros.

► Convertir o fantástico en real.

► Identificarse cos personaxes.

► Despertar a sua fantasía, imaxinación, creatividade.

► Suavizar tensións e resolver estados conflitivos.

Ler é conseguir a chave para entrar nun mundo novo, un mundo de poder e liberdade. Isto fai que tanto país e nais, como mestres teñamos unha ferramenta fundamental a través da cal o neno/a poida aprender de maneira lúdica e esta “Mochila viaxeira” é unha invitación para disfrutar dos libros en compañía, compartindo coa familia os sentimentos e as sensacións que vos producen as lecturar que vos propoñemos.

Xunto cos materiais mandamos tamén o “Caderno viaxeiro” para que cada familia aporte as súas impresións e suxerencias sobre a actividade, os materiais, o libro que máis lle gustou... incluso algún debuxo que ilustre unha sensación, un pensamento... Esperemos que os libros sexan do voso agrado e que gocedes da maxia da lectura.

Atentamente, o Equipo de Biblioteca Escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut