Radio

III VISITA DIDÁCTICA ÁS ESCAVACIÓNS DE PROENDOS (27-09-2022)

      O alumnado de 3º a 6º de Primaria fixo unha nova visita ás escavacións arqueolóxicas que se están realizando na parroquia soberina de Proendos para ampliar a información de visitas anteriores.

 

   A escavación que visitamos é unha ampliación da zona do hórreo xa descuberto en anos anteriores. Alí, Francisco Alonso, o seu director técnico,fixo de guía para explicarnos os achados realizados nesta ampliación coa que conseguiron escavar a totalidade do hórreo.

 

    Según nos dixo, as escavacións confirman a importancia do xacemento de Proendos tanto polo hórreo en si mesmo que é único no noroeste peninsular como pola cantidade de vestixios que atoparon de épocas moi diferentes: mundo castrexo, romano, medieval... xa que en poucos sitios se pode atopar esta variedade nun mesmo lugar.

 

      Coas súas explicacións puidemos entender mellor os vestixios e aprendemos moitos termos relacionados con esta época e con técnicas de investigación: flotar a terra, terra sigilata, paleoambiente, fiada de sacrificio,  como se documentan as capas escavadas...  ademais tamén resolveu todas as dúbidas do noso alumnado que prestou moita atención ás súas explicacións.

 

   En definitiva, unha saída moi interesante e didáctica que nos axuda a pór en valor o noso e a coñecer as riquezas do noso concello.

 

    Para rematar, completamos a visita coa presenza do director do proxecto nas instalacións de Radiuvín para gravar o primeiro programa deste curso. Nesta ocasión e Iria e Cristian foron os encargados de falar con el sobre todo o aprendido para compartir con toda a comunidade educativa as nosas aprendizaxes.
 

MOITAS  GRAZAS  POR  ESTA  ACTIVIDADE  TAN  DIDÁCTICA

QUE  ESPERAMOS  VOLVER  A REPETIR  EN  NOVAS  FASES  DESTA  ESCAVACIÓN!!

GALERÍA  DE  IMAXES

 

DESPEDIDA ALUMNADO DE 6º (CURSO 2021 - 2022)

  Inevitablemente, cada ano ao chegar o último día lectivo do curso, toca despedir ao alumnado de 6º de Primaria que remata a súa etapa no colexio.

   A Hugo, Lucas, Lucía e Pilar vímolos medrar desde infantil; eran pequeniñs como botóns!

 

 

    Pau incorporouse o curso pasado chegado doutra comunidade; pero non pensedes por iso que o imos a estrañar menos que aos demais; cada membro da comunidade educativa é igual de importante para nós e agora sodes un grupo de cinco ao que botaremos moito de menos como se puido comprobar na despedida de hoxe onde a emoción fixo que case todos acabaramos chorando.

 

 
 
 

 

 

  No seguinte podcast, podedes escoitar como se despiden eles de nós cunhas pequenas cartas nas que lembran o seu paso polo colexio; e no vídeo de abaixo, acompañamos as voces con algunhas imaxes para que lle poñades cara a quen está falando.

 

   Desexámosvos que sigades sendo bos rapaces e rapazas, que sexades moi felices tamén en Secundaria e que non teñades ningunha dificultade na nova etapa que empezades no instituto; pero se a tedes, recordade que SEMPRE PODEREDES CONTAR CONNOSCO  E  QUE  ESTE  É  O  VOSO  COLE!!

 

UNHA  APERTA  MOI  GRANDE  PARA TODXS!!

 

COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS: AS FESTAS! (17 - 06 - 2022)

     Aló polo mes de xaneiro, o alumnado do CEIP de A Pobra envionunos un programa de radio no que nos falaban das festas típicas do seu concello e nos animaban a nós a investigar e elaborar un programa sobre as nosas (podedes volver a escoitar o seu programa AQUÍ)

   Pois ben, en canto o recibimos puxémonos mans á obra; pero non queriamos que fose nada máis un programa informativo así que decidimos facelo un pouco máis persoal e, como en Sober tamén somos moi festeiros e conmemoramos moitas cousiñas, non poderiamos abarcar todo así que nos centramos nas festas que se celebran nas parroquias e lugares dos nenos e das nenas que temos agora no colexio.

    Para isto comezamos coñecendo o mapa das parroquias porque se non, non íamos a saber a donde tiñamos que ir a bailar en cada festa!

 

 

 

   Despois elaboramos unha ficha con preguntas sobre as festas para mandar ás familias e que nos contaran cousas como onde se celebra, desde cando, o porqué... 

    E que pensades? Credes que as familias colaborarían?

   Pois claro que si! Chegounos tanta información que non a dabamos procesado! Por iso nos levou tanto tempo facer este programa porque queriamos contar todo pero todo non podiamos porque aínda así, resumindo, é un programa bastante longo.

   Así que antes de nada, MOITAS  GRAZAS  ÁS  FAMILIAS  QUE  CUBRIRON  A  FICHA  E  NOLA  ENVIARON  DE  VOLTA!

   E vós, se queredes aprender moitas cousiñas sobre as nosas tradicións desde San Amaro ata a Concepción, escoitade o audio e poñede atención!

 

   Que vos pareceu? A que dan ganas de irse de romería e comer unha desas sobremesas das que nos falaron?

   Pois algunhas festas xa se van a retomar este ano así que se alguén se anima, xa sabedes onde tedes que vir!! 

   Unha aperta moi forte a todxs, BO VERÁN e VÉMONOS Á VOLTA!!

SEMANA DA PRENSA - 2022

     Do 7 ao 11 de marzo conmemórase a Semana da prensa.  

 

     Para traballar esta conmemoración o alumnado de 4º a 6º de Primaria elaborou un programa especial de SOBERICIAS con noticias relacionadas coa comunidade educativa do noso colexio:

Presentación do equipo Barantes Sport (Carlota, Germán, Diego e Javier)

Obras de mellora do centro (Gissela, Lola, Cristian e Naím)

Entroido (Yanira, Libertad, Lucas Fernández, Iria e Susana)

Programa Come local (Lucía, Lucas, Hugo e Pilar)

Feira do Viño de Amandi (Valeria, Mencía, Gareth e Darío).

 

 

 

OBRADOIRO DE FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO (11/03/2022)

      Este é o cuarto curso desde que entramos no Proxecto Radio na biblio, e grazas á participación nel temos un orzamento específico para facer obradoiros que repercutan na formación do alumnado.

  

 

    O obradoiro de formación deste ano centrouse máis nos aspectos técnicos relacionados co proceso de gravación. Denís de Rede Espora foi o encargado de ensinarlle ao alumnado todo o necesario para poder gravar de forma autónoma os programas de radio.

 

    Na sesión en común que realizamos na biblioteca comezou falándonos de aspectos como:

- Posibilidades da radio: noticias, entrevistas, deportes, coñecemento, diversión, realidade, concursos, debates, contos...

- Tarefas a levar a cabo para gravar un programa con éxito: elaboración dos guións, documentación e investigación, manexo do equipo, locución, produción e organización.

- Manexo da mesa de son

 

- Ideas e consellos relacionados coa elaboración de guións: escribe como falas, fala con naturalidade, utiliza oracións curtas, non uses palabras moi longas ou difíciles de pronuncias se hai sinónimos co mesmo significado, resalta o máis importante do guión...

- Recursos e bancos de sons dispoñibles

    Para recordar todo o que nos dixo; podedes acceder á súa presentación no seguinte enlace: ARRANCAMOS  COA  RADIO!

 
   Despois, por grupos, os nenos e as nenas participantes no obradoiro foron pasando polos estudos de Radiuvín para poñer en práctica todo o aprendido na biblioteca.
 

 

 

 

 

 

ESPERAMOS  QUE  A  FORMACIÓN  RESULTE  PROVEITOSA!!

 

DÍA MUNDIAL DA RADIO (13-02-22)

    O 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio e desde  Rede ESPORA  propuxéronnos colaborar nun programa común con outras radios escolares que tamén forman parte do Proxecto Radio na Biblio de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia baixo o lema SÍ A LA RADIO, SÍ A LA CONFIANZA proposto pola UNESCO.

 
  Neste proxecto unímonos aos seguintes centros:  CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal, CEIP Frián de Teis, CEIP Víctor Saénz de Mazaricos, CEIP Plurilingüe da Torre Cela de Bueu, CEIP da Pobra de BrollónCEIP Rosalía de Castro de Lugo, CEIP Seara de MoañaCEIP de Seixo (Marín), CEIP Manuel Masdías de Ferro e CEIP de Olveira (Ribeira). 
 
    Cada un dos centros tiña que gravar unha noticia falsa pero verosímil e despois aclarar o falso da noticia e a importancia de que os medios de comunicación contrasten as novas antes de emitilas pero tamén de que os que as escoitamos, lemos ou vemos; sexamos críticos con estas informacións.
 
 
   Para iso recordamos a infografía publicada pola IFLA na que se nos achegan 8 aspectos importantes que deberiamos ter en conta á hora de valorar unha noticia.

 

   Con todas as nosas colaboracións, os responsables de Rede Espora elaboraron o programa final que podedes escoitar  a  continuación:

 

MÁIS  INFORMACIÓN: Día Mundial da Radio. Rede Espora

COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS - FESTIVIDADES DE A POBRA DO BROLLÓN

     ACABAMOS  DE  RECIBIR  UN  NOVO  PROGRAMA   DESTE   PROXECTO  COLABORATIVO  QUE  REALIZAMOS  CO  CEIP  DE  A   POBRA  DO  BROLLÓN.

 

     NESTA  OCASIÓN  XS  COMPAÑEIRXS  DESTE  COLE  FÁLANNOS  DAS  FESTIVIDADES  DO  SEU  CONCELLO... QUE  GANAS  DE  QUE  ESTE  COVID  NOS  DEIXE  RESPIRAR  E  POIDAMOS  VOLVER  A  GOZAR  DAS  FESTAS  E  DAS   ROMARÍAS!!

 

       A CONTINUACIÓN  DEIXÁMOSVOS  A  SÚA  RESEÑA  E  O  ENLACE  Á  EMISIÓN:

 

    Por fin reanudamos o noso proxecto colaborativo de radio na biblio cos compañeiros do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober.

    Moitos foron os atrancos no camiño pois estes cursos están a ser duros e por riva convivimos con obras no centro durante todo o primeiro trimestre. Invadiunos o pó, os ruídos,  as mudanzas continuas de aulas... e a COVID-19 que non nos da abandonado...

    Todo isto alterou a vida do centro...e nós non queremos perder as actividades que nos gustan así que en canto foi posible retomamos este proxecto que sempre nos leva a investigar, recopilar informaión, compartila... e que tanto nos gusta.

    Nada mais comezar o curso, en outubro, xs nenxs de quinto e sexto escoitabamos de novo o programa dos nosos compañeiros no que nos falaban dos rios que surcan o concello de Sober e que compartimos algúns como o Cabe e o Sil. Moitas son as semellanzas que imos descubrindo e moitas tamén as singulariedades...

    A súa pregunta agora versa sobre as festas. Pois si que tivemos traballo, porque neste concello somos moi festeiros!!

    Encantounos este tema. Esta vez as nosas fontes de información foron as familais coas que    descubrimos tamén como foron evolucionando estas celebracións... e consultamos a páxina web do concello.

    Se queredes coñecer as nosas festas, que son moitas, e algunhas moi interesantes e de valor patrimonial, que nos axudan a coñecer, lembrar e conservar a nosa historia escoitade o noso programa de radio Guímaro no que por fin! un día estivemos todos e puidemos grabar!!

 

 UN  PROGRAMA  MOI  INTERESANTE  QUE  DEIXA  O  CORPO  CON  GANAS  DE  TROULA!

 


 

XVIII CONCURSO CONTOS SOLIDARIOS: UN JUGUETE, UNA ILUSIÓN (30/11/2021)

   O Concurso de Contos Solidarios "Un juguete, una ilusión", da Fundación Crecer Jugando ten como obxectivo achegar valores como a solidaridade aos máis pequenos e implicalos en iniciativas que fomenten o traballo en equipo coa elaboración dun conto feito entre toda a clase. 

 

   Nesta edición do concurso había que elaborar un relato que tivese como protagonista a  SúperUjui, o heroe dos xoguetes que se pode camuflar en calquera lugar disfrazado de bolígrafo...  

  

    Pero incluso os superheroes teñen problemas algunhas veces... menos mal que nesta ocasión os nenos e nenas de 6º de Primaria do noso colexio puideron axudalo. Se vos estades preguntando que lle pasou, só tedes que escoitar....

 Música:  Adventures In Adventureland  & Impact Prelude by Kevin MacLeod

 

   Que vos pareceu a historia? Pois parece que ao xurado do Concurso si que lle gustou e agora somos un dos catro centros finalistas a nivel nacional  xunto a dúas historias do colexio Buen Pastor de Sevilla e outra do colexio Álvarez Sotomayor de Almería.

   Se queredes, apoiarnos podedes votar na seguinte dirección, marcando o nome do colexio no fondo da páxina e dándolle a enviar.

 

NORABOA  AO  ALUMNADO  DE  6º PARTICIPANTE!!

 

DESPEDIDA ALUMNADO 6º (22-06-2021)

Cada etapa ten un principio e un fin e hoxe é o final da etapa de César, Brais, Zaira, Jorge e Paula no noso colexio.

Danos moita mágoa que marchedes pero non hai remedio porque os nenos e nenas tedes o costume de crecer! 

Que pequenos erades cando chegastedes a infantil e vos encontrastedes por primeira vez co cole e cun montón de compañeiros!

 

 

E a vós, os que fostedes vindo despois ao longo de primaria...

foron menos anos pero non por iso vos imos a estrañar menos que aos demais agora que marchades!

 

 

   Eso si, desexámosvos MOITO ÉXITO na nova andaina que empezaredes en setembro no instituto e esperamos que LEMBREDES  SEMPRE  QUE  ESTE  É  O  VOSO  COLE  E  QUE  NOS  TEREDES  AQUÍ  PARA  O  QUE  PRECISEDES!!

 

ATA  SEMPRE!!

 

 

HÉROES DE PRIMAVERA (21-06-2021)

   Fai algúns días, unha nai de dous rapaces do cole agasallounos con varios exemplares do libro Héroes de primavera de Patricia Sanmigel Couso; unha autora compostelana con familia en Sober.

 

 

    Neste libro, narra a experiencia do confinamento e da volta ás aulas dos nenos e nenas desde o seu punto de vista dándolle a importancia que merecen despois de afrontar tantos meses e tantos cambios sen queixarse prácticamente de nada; COMO VERDADEIROS HEROES!

 

    Ademais o libro está ilustrado polos alumnado de 2º de Primaria do CEIP Quiroga Palacios de Santiago, compañeiros dunha das súas fillas.

 

  Nós tivemos a sorte de poder facerlle unha entrevista para que resolvese todas as curiosidades que lle xurdiu ao alumnado de 3º e 4º de Primaria do colexio: por que os nenos e nenas da historia non teñen nome propio? de onde vén o título Heroes de Primavera? como se lle ocurriu a idea de escribir este libro?

  Para saber a resposta a todas estas preguntas, podedes escoitar o podcast coa entrevista que Carlota, Diego, Germán, Cristian e Javier lle fixeron a Patricia.

 


 MOITAS  GRAZAS, PATRICIA!!

 

Distribuir contido