FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2023/24

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO ESCOLAR 2023/24

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 (ambos incluidos).

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso.

Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2023/24.

No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2023/24, deberá presentala no centro no que estivese matriculado no curso 2022/23.

 

FORMAS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

- Electrónica: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada alumno/a.

- Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación fondolibros, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.

- Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo.

 

DOCUMENTACIÓN

Anexo I (debidamente cuberto e coa documentación complementaria necesaria: copia do libro de familia, certificado acreditativo do grado de discapacidade, violencia de xénero...)

Anexo II (autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante)

Solicitude: Anexo I e II

 

Para consultar a Orde do DOG, preme AQUÍ.

_______________

Premiados no V Concurso de Podcasts Radio na Biblio.

Parabéns ao alumnado de 6.º B de EP e a súa titora Elvira!

O seu podcast Descubrimos Lourenzá (lugar de nacemento de Francisco Fernández del Riego, Letras Galegas 2023) foi seleccionado e premiado no V Concurso de Podcasts Radio na Biblio, das Bibliotecas Escolares de Galicia.

Os podcasts seleccionados serán difundidos pola Radio Galega a través da súa páxina www.diariocultural.gal; así mesmo, serán difundidos a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (web de Bibliotecas Escolares de Galicia e outros).

Parabéns a todo o equipo da Voz da Mata, a nosa radio.

Resolución do concurso.

V Concurso Podcasts
.

Convocatoria: axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Prazo do 8 de maio ata o 20 de setembro.

Estas axudas están dirixidas a persoas que presentan algunha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:

  • Discapacidade.
  • Trastorno grave de conducta ou da comunicación e linguaxe.
  • Trastorno do espectro autista.
  • Altas capacidades.

 

Máis información:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

A axuda complementaria de 400 € para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo pódese pedir na Sede Electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional ata o vindeiro 20 de setembro:

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1886

.

Días non lectivos. Curso 2022-2023

Os días non lectivos deste centro para o curso 2022-2023 son

18 e 19 de maio de 2023.

Podedes consultar e descargar o calendario escolar para este curso AQUÍ.

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.