Orientación

Dende o Departamento de Orientación queremos compartir con vós diferentes ideas de ocio para estes días.

 

Ante calquera urxencia sanitaria seguimos as pautas do seguinte protocolo.

 

Co obxectivo de conseguir un clima educativo óptimo, dende o centro poñemos especial interese en atallar calquera conduta contraria á boa convivencia e para iso servímonos do seguinte protocolo.

 

Nesta sección mostramos a colección de protocolos de atención á diversidade que guían a nosa práctica educativa, así como o Plan de Atención á Diversidade (curso 2020-2021).

 

Dende o Departamento de Orientación preparamos un documento onde atoparedes información sobre:

  1. Condicións para a promoción e a repetición de curso na ESO
  2. Criterios de titulación
  3. Cualificación final da etapa da ESO
  4. Consello orientador
  5. Que estudar despois de 4º ESO
  6. O bacharelato: características
  7. Itinerarios de 1º de bacharelato
  8. Itinerarios de 2º de bacharelato
  9. Estudos universitarios
  10. Requisitos de acceso e criterios de admisión á Universidade
  11. A proba de bacharelato para o acceso á Universidade
  12. A formación profesional (ciclos)
  13. Ensinanzas de réxime especial (idiomas, música, deporte, corpos de seguridade...)
  14. Premios extraordinarios. ESO e bacharelato
  15. Bolsas MEC (axudas económicas)
  16. Centros residenciais docentes

 Ademais, tamén podedes consultar as ponderación das materias na ABAU e a orde dos centros residenciais.

 

Desde o CPI Manuel Suárez Marquier, suxerimos os seguintes consellos para que poidades levar esta situación do mellor xeito posible.

 

Ante a situación de obriga do peche dos Centros Educativos coa finalidade de evitar posibles contaxios ante o virus e coa consecuencia do obrigado confinamento dos escolares nos seus fogares, as familias deberán organizarse ante esta excepcional situación, de maneira que este confinamento non repercuta negativamente na evolución académica, emocional e persoal do alumnado. Por elo, dende o CPI Manuel Suárez Marquier, suxerimos unha serie de pautas a seguir,coa finalidade de poder normalizar, na medida do posible, esta situación, de xeito que poidamos entre tod@s darlle continuidade á actividade formativa do noso alumnado e non xerar cadros de ansiedade ou pasividade no alumnado.

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.