Club de ciencia
Venres, 2 de xuño, 2023.
Hoxe tivemos o pracer de contar no centro co biólogo mariño Noé Ferreira o cal nos ofreceu unha estupenda charla sobre os mexillóns de río.
O alumnado de 6.º de EP puido descubrir cousas moi interesantes sobre estes bivalvos como que hai ata 4 especies diferentes en Galicia.
A continuación, Leire, Aroa, Saray e Aitor realizáronlle unha marabillosa entrevista na Voz da Mata que podedes escoitar aquí.
Ver vídeo da charla.
Actividade organizada polo Club de Ciencia e Chus Grela (profesora de relixión de Educación Primaria).
Mércores, 31 de maio, 2023.
Hoxe foi o derradeiro ensaio da performance sobre a auga que está preparando o alumnado de 1.º de ESO integrante do club de ciencia. Ao final do ensaio, gravaron a performance que proximamente poderemos ver.
Mércores, 31 de maio, 2023.
Hoxe o alumnado de 6.º de EP acudiu ao laboratorio de Física e Química de ESO a realizar técnicas de separación de mesturas. Entre elas a evaporación de auga con azucre e agua con sal. Tamén separaron limaduras de ferro mesturadas con area e sedimentos.
Ver vídeo da actividade.
Mércores, 24 de maio, 2023.
Hoxe o alumnado de 1.º ESO do club de ciencia aprendeu a facer xabón empregando aceite usado e sosa cáustica.
Os vindeiros días veremos o resultado.
Martes, 9 de maio, 2023.
Continuamos coa labor empezado no curso pasado: o horto escolar.
O alumnado de ESO preparou o horto para que o alumnado de primaria poidese plantar.
Nos seguintes vídeos podedes ver o resultado: vídeo 1 (6.º EP), vídeo 2 (toda EP).
Mércores, 26 de abril, 2023.
O alumnado do club de ciencia de 1.º ESO está a preparar unha performance sobre a auga, aprenden como divulgar contidos científicos a través do teatro. Hoxe foi o primeiro ensaio a cargo de Lucho Penabade, integrante da compañía teatral Os Quinquilláns. Actividade organizada polo Concello do Rosal.
Mércores, 19 de abril, 2023.
O alumnado de 1.º de ESO integrante do club de ciencia está a preparar unha performance sobre a auga, actividade organizada polo Concello do Rosal.
Na primeira sesión asistiron a unha charla sobre a auga, o seu uso, é infinita?...
Mércores, 12 de abril, 2023.
Hoxe foi a quenda do alumnado de 3.º de ESO do club de ciencia.
Venres, 31 de marzo, 2023.
Este foi o resultado en 1.º e 2.º de ESO.
Xoves, 30 de marzo, 2023.
Co gallo de Marzo, Mes das Matemáticas, o club de ciencia traballou as cúpulas de Leonardo en tódalas etapas. Velaquí podedes ver o resultado en Educación Primaria.