Club de ciencia
Venres, 26 de marzo, 2021.
O alumnado de 6º B de EP ademáis de estudar a célula e facer traballos sobre ela, decidiu confeccionar a súa propia célula utilizando os elementos que tiña ao seu alcance.
Este é o resultado do seu bo traballo.
Xoves, 25 Marzo, 2021.
Videoconferencia co Dr. David Freire, médico xefe da UCI do CHUAC (Complexo Hospitalario Universitario A Coruña), dirixida ao alumnado de 3º e 4º ESO, no que o alumnado aproveitou para facerlle varias preguntas sobre a pandemia, as vacinas, consellos para estes días de Semana Santa...
Mércores, 24 Marzo, 2021
Obradoiro de cociña molecular levado a cabo polo alumnado do club de ciencia da ESO.
Este ano o lema é Matemáticas por un mundo mellor.
O equipo do club de ciencias en colaboración co equipo de biblioteca preparou unha escolma de lecturas e películas sobre as matemáticas que atoparedes en varios recunchos lectores do centro.
Gozade da lectura e das matemáticas.
14/02/2021
O pasado venres 12 de febreiro o alumnado de 2º ESO realizou un obradoiro por San Valentín no que comprobaron como as liñas rectas se converten en curvas a través dun hilorama con forma de corazón.
Se vos animades a facelo na casa podedes descargar aquí a plantilla, só precisades como material unha cartulina (ou cartón), tesoiras e fío.
Durante esta semana puidemos gozar dunha exposición realizada polo alumnado do club de ciencia de 6º B EP na que nos descubriron moitas mulleres científicas descoñecidas.
Esta semana celébrase o 11F Día da Muller e da Nena na Ciencia, este ano o club de ciencia súmase a campaña #NoMoreMatildas.
Na páxina web #NoMoreMatildas atoparemos materiais para traballar co alumnado e tres libros nos que se presenta a hipotética vida do físico Albert Einstein, do médico Alexander Fleming e do físico Erwin Schrödinger sendo mulleres.
O club de ciencia, en colaboración co equipo de biblioteca, realizou unha escolma de libros relacionados con mulleres científicas, están situados no corredor de abaixo.
Antes das vacacións de Nadal o club de ciencia, en colaboración co equipo da biblioteca, elaborou varios obradoiros de papiroflexia dirixidos por Cintia, profesora de matemáticas e integrante do club de ciencia, nos que fixeron unha árbore de Nadal e postais pop-up.
Hoxe no Club de Ciencia de EP o alumnado de 6º B de EP guiado pola súa profesora Elvira viron a importancia da hixiene, a importancia de lavar as mans con xabón.
Hoxe tivemos o derradeiro obradoiro co gallo de Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, foi impartido por Digna, profesora de Física e Química na ESO.
Nel traballamos as estruturas balanceadoras empregando cortizas, pinzas e paus.