biblioteca
Mércores, 30 de novembro, 2022
Para rematar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas o Club de Ciencia organizou un show científico a cargo do divulgador David Ballesteros (colaborador do programa Aquelando na TVG), no que o alumnado de 1º e de 2º de ESO gozaron e aprenderon coa ciencia.
Ver o álbum e vídeo da actividade.
Xoves, 24 de novembro, 2022
Parte do alumnado de 1º ESO do club de ciencia, no marco das actividades do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, prepararon un obradoiro para explicar o concepto de densidade dos corpos aos compañeiros e compañeiras de 4º e 5º de EP.
A sesión de preparación foi onte, mércores ao mediodía.
Podedes ver aquí o vídeo coa preparación e o obradoiro realizado.
Xoves, 17 de novembro, 2022
Presentamos "Ciencia na Mata" unha serie de podcasts nos que falaremos de temas científicos.
Xa podedes escoitar o primeiro programa na canle de IVOOX da radio do CPI, A Voz da Mata.
Neste primeiro podcast o alumnado de 1º ESO do club de ciencia infórmanos do programa para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas no noso CPI e danos a coñecer a Fleming.
Preme aquí para escoitar o programa.
Ver o álbum e vídeo da actividade.
Mércores, 16 de novembro, 2022
O club de ciencia en colaboración coa biblioteca segue a celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, esta semana foi a quenda do alumnado de 5º EP (o luns, 5º A EP; o mércores, 5º B EP) co obradoiro Coas mates pódense gardar segredos, co cal coñeceron o código César e aprenderon a codificar e descifrar mensaxes.
Xoves, 10 de novembro, 2022
Co gallo do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
o alumnado de 6º EP do club de ciencia experimentou coa densidade, actividade moi vencellada co PDI deste ano Eureka! Inventos, inventores e inventoras.
Ver o álbum e vídeo da actividade.
O mércores, 3 de novembro, foi o primeiro encontro do curso do club de ciencia da ESO que coincide coa celebración de Novembro. Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, polo cal un dos grupos fixo o experimento na biblioteca do centro, os outros dous grupos realizárono nos labotorios de bioloxía e física-química. Para esta primeira xornada anotáronse cerca de 70 alumnos/as, todo un éxito de convocatoria.
Nesta primeira actividades comemos e experimentamos.
O primeiro experimento realizado foi comprobar se bailan as lentellas, para iso o alumnado tivo que tarar a báscula, medir e familiarizarse co distinto material do laboratorio.
Os pasos da práctica foron os seguintes:
1. Pesar 5 gramos de bicarbonato, botalo no vaso de precipitados.
2. Engadir auga da billa co frasco lavador un pouco menos de 50 ml.
3. Revolver para que se disolva e vertelo na probeta.
4. Completar ata os 50 ml.
5. Botar 4 ou 5 lentellas que irán ao fondo porque son máis densas que a auga.
6. Engadir vinagre ata os 80 ml, pouco a pouco as lentellas comezan a subir.
Mércores, 26 de maio, 2021.
Hoxe tivemos unha visita moi especial no noso CPI: Jorge Mira.
Pola mañá, o alumnado do club de ciencia de 6º B de EP, traballou o tamaño do Sistema Solar e construíu o noso Sistema Solar a escala no patio. Simulando o Sol cunha pelota de tenis e os planetas con canicas e pedriñas, o alumnado comprobou as distancias e os distintos tamaños relativos entre estes corpos celestes.
Pola tarde, mantivo unha charla co alumnado de 4º ESO, co título "Química no amor", e desvelou os segredos de como eliximos parella desde o punto de vista puramente científico.
A Voz da Mata non podía desaproveitar a oportunidade de entrevistar un persoeiro galego tan importante. Non perdades a súa entrevista a cargo de Andrea, Manuel e Claudia (alumnado de 4º ESO) que podedes escoitar visitando a canle de IVOOX da Voz da Mata, a Aula Virtual do CPI, ou premendo AQUÍ. Nela descubriredes unha anécdota sobre o premio Nobel, John Nash, cal foi o labor de Jorge Mira no equipo de investigadores encargados da predición da evolución da COVID-19, consellos aos estudantes que rematan ESO e BAC, e moitas cousas máis.
Máis fotos das actividades:
Venres, 14 de maio, 2021.
Co gallo do 12 de Maio: Día Escolar das Matemáticas durante toda a semana o alumnado de primaria gozou duns obradoiros de matemáticas onde puideron achegarse a elas dunha maneira máis recreativa e lúdica.
Neles realizaron sudokus, figuras xeométricas, traballaron o cálculo e a orientación espacial, tiveron xogos de lóxica, construiron un metro cuadrado e un metro cúbico...
As actividades estiveron organizadas polo Equipo de Biblioteca Creativa e o Club de Ciencia.
No corredor de secundaria atoparedes o recuncho lector do Club de Ciencia con suxestións de libros e películas de temática científica (física, química, bioloxía, matemáticas...).
Este ano o lema é Matemáticas por un mundo mellor.
O equipo do club de ciencias en colaboración co equipo de biblioteca preparou unha escolma de lecturas e películas sobre as matemáticas que atoparedes en varios recunchos lectores do centro.
Gozade da lectura e das matemáticas.