primaria
Venres, 2 de xuño, 2023.
Hoxe tivemos o pracer de contar no centro co biólogo mariño Noé Ferreira o cal nos ofreceu unha estupenda charla sobre os mexillóns de río.
O alumnado de 6.º de EP puido descubrir cousas moi interesantes sobre estes bivalvos como que hai ata 4 especies diferentes en Galicia.
A continuación, Leire, Aroa, Saray e Aitor realizáronlle unha marabillosa entrevista na Voz da Mata que podedes escoitar aquí.
Ver vídeo da charla.
Actividade organizada polo Club de Ciencia e Chus Grela (profesora de relixión de Educación Primaria).
Mércores, 31 de maio, 2023.
Hoxe o alumnado de 6.º de EP acudiu ao laboratorio de Física e Química de ESO a realizar técnicas de separación de mesturas. Entre elas a evaporación de auga con azucre e agua con sal. Tamén separaron limaduras de ferro mesturadas con area e sedimentos.
Ver vídeo da actividade.
Martes, 9 de maio, 2023.
Continuamos coa labor empezado no curso pasado: o horto escolar.
O alumnado de ESO preparou o horto para que o alumnado de primaria poidese plantar.
Nos seguintes vídeos podedes ver o resultado: vídeo 1 (6.º EP), vídeo 2 (toda EP).
Xoves, 30 de marzo, 2023.
Co gallo de Marzo, Mes das Matemáticas, o club de ciencia traballou as cúpulas de Leonardo en tódalas etapas. Velaquí podedes ver o resultado en Educación Primaria.
Venres, 10 de febreiro, 2023.
Dende o club de ciencia séguese a traballar no PDI deste ano titulado Inventos, inventores e inventoras, nesta ocasión non foi un invento senón un achado, o alumnado do club de ciencia de 6º de EP investigou sobre a célula, descuberta por Robert Hooke.
Podedes visitar a exposición coas maquetas realizadas polo alumnado no corredor da planta baixa.
Podedes ver o vídeo aquí.
Xoves, 24 de novembro, 2022
Parte do alumnado de 1º ESO do club de ciencia, no marco das actividades do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, prepararon un obradoiro para explicar o concepto de densidade dos corpos aos compañeiros e compañeiras de 4º e 5º de EP.
A sesión de preparación foi onte, mércores ao mediodía.
Podedes ver aquí o vídeo coa preparación e o obradoiro realizado.
Xoves, 17 de novembro, 2022
Presentamos "Ciencia na Mata" unha serie de podcasts nos que falaremos de temas científicos.
Xa podedes escoitar o primeiro programa na canle de IVOOX da radio do CPI, A Voz da Mata.
Neste primeiro podcast o alumnado de 1º ESO do club de ciencia infórmanos do programa para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas no noso CPI e danos a coñecer a Fleming.
Preme aquí para escoitar o programa.
Ver o álbum e vídeo da actividade.
Mércores, 16 de novembro, 2022
O club de ciencia en colaboración coa biblioteca segue a celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, esta semana foi a quenda do alumnado de 5º EP (o luns, 5º A EP; o mércores, 5º B EP) co obradoiro Coas mates pódense gardar segredos, co cal coñeceron o código César e aprenderon a codificar e descifrar mensaxes.
Xoves, 10 de novembro, 2022
Co gallo do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
o alumnado de 6º EP do club de ciencia experimentou coa densidade, actividade moi vencellada co PDI deste ano Eureka! Inventos, inventores e inventoras.
Ver o álbum e vídeo da actividade.
Martes, 22 de xuño, 2022.
En 5.º de Educación Primaria para rematar o curso o día 21 de xuño realizaron dous obradoiros:
- separación de disolucións por evaporación de cristais de azucre - sal - café.
- experimento de flotabilidade.