bioloxía
Venres, 2 de xuño, 2023.
Hoxe tivemos o pracer de contar no centro co biólogo mariño Noé Ferreira o cal nos ofreceu unha estupenda charla sobre os mexillóns de río.
O alumnado de 6.º de EP puido descubrir cousas moi interesantes sobre estes bivalvos como que hai ata 4 especies diferentes en Galicia.
A continuación, Leire, Aroa, Saray e Aitor realizáronlle unha marabillosa entrevista na Voz da Mata que podedes escoitar aquí.
Ver vídeo da charla.
Actividade organizada polo Club de Ciencia e Chus Grela (profesora de relixión de Educación Primaria).
Mércores, 24 de maio, 2023.
Hoxe o alumnado de 1.º ESO do club de ciencia aprendeu a facer xabón empregando aceite usado e sosa cáustica.
Os vindeiros días veremos o resultado.
Martes, 9 de maio, 2023.
Continuamos coa labor empezado no curso pasado: o horto escolar.
O alumnado de ESO preparou o horto para que o alumnado de primaria poidese plantar.
Nos seguintes vídeos podedes ver o resultado: vídeo 1 (6.º EP), vídeo 2 (toda EP).
Mércores, 26 de abril, 2023.
O alumnado do club de ciencia de 1.º ESO está a preparar unha performance sobre a auga, aprenden como divulgar contidos científicos a través do teatro. Hoxe foi o primeiro ensaio a cargo de Lucho Penabade, integrante da compañía teatral Os Quinquilláns. Actividade organizada polo Concello do Rosal.
Mércores, 19 de abril, 2023.
O alumnado de 1.º de ESO integrante do club de ciencia está a preparar unha performance sobre a auga, actividade organizada polo Concello do Rosal.
Na primeira sesión asistiron a unha charla sobre a auga, o seu uso, é infinita?...
No corredor de secundaria atoparedes o recuncho lector do Club de Ciencia con suxestións de libros e películas de temática científica (física, química, bioloxía, matemáticas...).
Venres, 26 de marzo, 2021.
O alumnado de 6º B de EP ademáis de estudar a célula e facer traballos sobre ela, decidiu confeccionar a súa propia célula utilizando os elementos que tiña ao seu alcance.
Este é o resultado do seu bo traballo.
Hoxe tivemos o segundo obradoiro, co gallo do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, impartido pola profesora Patricia do departamento de Bioloxía no que traballamos a cromatografía.
Moitas grazas a Lola pola montaxe da práctica de fototropismo e xeotropismo, feita polo alumnado de 1º ESO e guiado, dende a distancia, pola súa profesora María.
Este é o resultado da práctica de xeotropismo feita polo alumnado do centro.
Parabéns, María!