secundaria
Mércores, 31 de maio, 2023.
Hoxe foi o derradeiro ensaio da performance sobre a auga que está preparando o alumnado de 1.º de ESO integrante do club de ciencia. Ao final do ensaio, gravaron a performance que proximamente poderemos ver.
Mércores, 24 de maio, 2023.
Hoxe o alumnado de 1.º ESO do club de ciencia aprendeu a facer xabón empregando aceite usado e sosa cáustica.
Os vindeiros días veremos o resultado.
Martes, 9 de maio, 2023.
Continuamos coa labor empezado no curso pasado: o horto escolar.
O alumnado de ESO preparou o horto para que o alumnado de primaria poidese plantar.
Nos seguintes vídeos podedes ver o resultado: vídeo 1 (6.º EP), vídeo 2 (toda EP).
Mércores, 26 de abril, 2023.
O alumnado do club de ciencia de 1.º ESO está a preparar unha performance sobre a auga, aprenden como divulgar contidos científicos a través do teatro. Hoxe foi o primeiro ensaio a cargo de Lucho Penabade, integrante da compañía teatral Os Quinquilláns. Actividade organizada polo Concello do Rosal.
Mércores, 19 de abril, 2023.
O alumnado de 1.º de ESO integrante do club de ciencia está a preparar unha performance sobre a auga, actividade organizada polo Concello do Rosal.
Na primeira sesión asistiron a unha charla sobre a auga, o seu uso, é infinita?...
Mércores, 12 de abril, 2023.
Hoxe foi a quenda do alumnado de 3.º de ESO do club de ciencia.
Venres, 31 de marzo, 2023.
Este foi o resultado en 1.º e 2.º de ESO.
Mércores, 1 de febreiro, 2023.
Hoxe foi a quenda do alumnado de 1º e 2º de ESO que forma parte do club de ciencia.
Na primeira parte da sesión creáronse grupos de traballo para elaborar unha liña do tempo de inventos, inventores e inventoras que se traballará nas vindeiras sesións.
Na segunda parte o alumnado experimentou se a auga é realmente conductora da electricidade, actividade xa realizada previamente no mes de xaneiro co alumnado de 3º e 4º ESO.
Luns, 30 de xaneiro, 2023.
O club de ciencia organizou unha charla sobre "Seguridade nos dispositivos móbiles" destinada ao alumnado de 1º ESO.
Esta charla forma parte do programa de Charlas de divulgación científica e tecnolóxica da Escola de Enxeñaría da Telecomunicación da Universidade de Vigo.
Mércores, 25 de xaneiro, 2023.
O mes de xaneiro adicámolo a un científico-inventor-periodista-político-filósofo... coma foi Benjamin Franklin, que naceu neste mes e que en xuño de 1752 realizou o seu famoso experimento cunha cometa que tiña pendurando unha chave metálica e que, durante unha tormenta eléctrica, observou como o raio pasaba á cometa (con armazón de metal), e de aí á chave, e da chave ao exterior, confirmando así a natureza eléctrica. A partir disto, inventou o pararraios...
No noso Club de Ciencia non repetimos a experiencia de Franklin, pero si que nos serviu de inspiración para coñecer e experimentar de primeira man se a auga é realmente conductora ou non, observando que a auga pura (destilada) non conduce a electricidade, pero cando engadimos sal, si que o fai. Ademais tamén observamos como a electricidade é capaz de descompoñer o sal nos seus compoñentes: sodio e cloro. En definitiva: UNHA EXPERIENCIA ELECTRIZANTE!