Club de ciencia
Hoxe tivemos o terceiro obradoiro co gallo do Mes da Ciencia impartido por Cintia, profesora do departamento de Matemáticas.
Aproveitando que o proxecto do centro deste ano é a moda, fixeron distintas pezas de roupa con papiroflexia.
O Club de Ciencia segue a colaborar co equipo da Biblioteca para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, nesta ocasión a profesora Elvira fixo unha escolma de libros científicos que o alumnado pode consultar no corredor do centro.
Podes consultar con máis detalle os libros na páxina da biblioteca, A Quinta dos Libros.
O ano 2020 vén marcado pola pandemia provocada polo coronavirus polo que a Secretaría Xeral de Política Lingüística e Igaciencia, en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), organizaron para hoxe, 16 de novembro, o webinario "Só a ciencia nos rescatará da pandemia", dirixido, no noso caso, a alumnado de 4º da ESO e mais ao seu profesorado. Dito webinario foi impartido pola profesora Sonia Villapol Salgado, neurobióloga do Centro Médico de Texas (EEUU), que forma parte do equipo de investigación internacional da COVID-19.
Hoxe tivemos o segundo obradoiro, co gallo do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, impartido pola profesora Patricia do departamento de Bioloxía no que traballamos a cromatografía.
Co gallo de Novembro. Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas o Club de Ciencia colaborará co equipo da Biblioteca elaborando distintos obradoiros para acercar a ciencia ao alumnado do centro.
Hoxe tivemos o primeiro obradoiro da man de Digna, profesora de Física e Química, nel aprendemos a importancia de lavar as manas con auga e xabón así como o que ocorre cando lavamos unha máscara.
Dende o club de ciencia propúxese ao alumnado de 2º e 4º de ESO o seguinte reto:
Cantas gotas collen nunha moeda de 5 céntimos?
Podemos ver o resultado no seguinte vídeo.
O club de ciencia davos a benvida nun novo curso no que traballaremos en grupos burbullas intentando adaptarse a nova situación orixinada pola covid-19.
O club de ciencia despídese ata o vindeiro curso coa montaxe das pontes realizadas polo alumnado do centro.
Moitas grazas pola vosa participación e por vos converter en enxeñeiros e enxeñeiras por un día.
Esperámosvos no club o curso que vén.
Bo verán!!
O alumnado de 5º EP B, seguindo as indicacións dadas pola súa profesora Elvira, experimenta coa auga e traballa así a flotabilidade.
Desa forma descobren que obxectos funden, porque teñen unha densidade maior cá da auga, e que obxectos flotan, porque teñen unha densidade menor cá da auga.
Os experimentos resultaron moi interesantes.
No seguinte vídeo podemos ver algúns dos realizados polo alumnado.
Cintia, profesora de matemáticas, propúxolle ao seu alumnado de 1º ESO o reto matemático de pasar de tres cadrados a un só.
Podedes ver as instruccións e o resultado final no blog da biblioteca: A Quinta dos Libros