Club de ciencia
Desde o ano 2000, declarado pola UNESCO Ano Mundial das Matemáticas, instituíuse en España a celebración do día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM).
A data escollida para esta celebración coincide coa do nacemento do insigne matemático Pedro Puig Adam, quen naceu o 12 de maio de 1900 e foi o iniciador da didáctica das matemáticas en España.
A finais do mes de marzo, de non estarmos confinados, montariamos a Cúpula de Leonardo no centro, pero non foi posible... No seu lugar, invitamos o alumnado a montar na casa a Ponte Autoportante de Leonardo.
Imaxe de Core77
A devandita ponte está recollida nun dos seus códices, o Códice Atlanticus (nos folios 69r e 71v). Trátase dunha ponte "ideada tanto para perseguir como para fuxir do inimigo". O feito orixinal desta ponte lixeira en forma de arco é que non requiría cravos, parafusos, cordas nin ningún outro medio para permanecer ergueita. O propio peso dos seus elementos era responsable de mantelos unidos.
Con que material a queres construír? Escolle o que máis che preste!
Espaguetes cortados pola metade
Lapis
Paus de madeira
Pallas de bebidas ás que lles podes facer uns cortes
Calquera outro material que teñas pola casa
Os pasos que debes seguir son os seguintes:
Imaxe de Core77
Como sabedes o proxecto da biblioteca deste ano é “O Río Miño”, seremos capaces de levantar unha ponte que cruce o Miño e que una o concello do Rosal coa veciña Portugal?
Pontes feitas por @bblanc0
Animádevos a facelo! Convertédevos en enxeñeiros ou enxeñeiras por un día!!!
Mandade as vosas fotografías ao seguinte enderezo de correo electrónico
merceds.profe@gmail.com
Moitas grazas a Lola pola montaxe da práctica de fototropismo e xeotropismo, feita polo alumnado de 1º ESO e guiado, dende a distancia, pola súa profesora María.
Este é o resultado da práctica de xeotropismo feita polo alumnado do centro.
Parabéns, María!
Aquí podedes ver unha pequena mostra da práctica de fototropismo levada a cabo polo alumnado.
Parabéns!!!
Continuamos coa práctica de fototropismo. Hoxe, María (profesora de Bioloxía) explícanos como plantar na terra as fabas que tiñamos nos vasos de cristal e como debemos utilizar a caixa de fototropismo.
María, profesora de Bioloxía, proponnos hoxe a segunda parte da práctica de laboratorio.
Os materais que precisamos son:
- Caixa de CD, DVD,
- Terra
- Fabas
A explicación da práctica podédela ver no seguinte vídeo.
María, profesora de Bioloxía, proponnos a seguinte práctica de laboratorio que podemos facer na casa.
Os materiais que precisamos son:
- Fabas, lentellas
- Vasos de cristal ou de plástico
- Algodón
- Caixa de zapatos
Tedes as instrucións no seguinte vídeo.
O alumnado do Club de Ciencia de primaria está a elaborar un Tangram para que o resto do alumnado do centro poida crear figuras con el.
Algunha das pezas está decorada coa temática do proxecto deste ano do centro "O río Miño".
Martes, 10 Marzo, 2020
Por último foi o alumnado de 2º ESO, integrante do Club de Ciencia, guiado por Manolo, monitor do programa Revitaliza, o que descubriu e identificou os distintos invertebrados que podemos atopar nun composteiro. Para iso utilizaron lupas, microscopios... Moitos están desexando repetir a experiencia.
"Quen vive aí?" é unha actividade pertencente ao programa educativo Revitaliza "Apúntate á compostaxe" organizado pola Deputación de Pontevedra e o Concello do Rosal.
Martes, 10 Marzo, 2020
Hoxe tocoulle descubrir e identificar que invertebrados podemos atopar no composteiro ao alumnado de 4º EP da man de Manolo, monitor do programa Revitaliza.
"Quen vive aí?" é unha actividade pertencente ao programa educativo Revitaliza "Apúntate á compostaxe", organizado pola Deputación de Pontevedra e o Concello do Rosal.