Club de ciencia
O profesorado do Club de Ciencias do departamento de Matemáticas seleccionou catro cancións que soarán no timbre musical desta semana.
Co gallo do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, o Club de Ciencias colaborará co equipo da Biblioteca do centro desenvolvendo unha serie de obradoiros destinados a todo o alumnado. Os obradoiros terán lugar os martes do mes de novembro durante o recreo.
Martes 12:
Matemaxia co matemago Gutier: trucos de maxia con matemáticas
Martes 19:
Robótica: Segue liñas con mBot, labirinto
Impresora 3D Prusa I3
Martes 26:
Cromatografía
Experimentando con Maicena (fluídos non Newtonianos)
Anímate a participar!
Este curso empezamos o Club de Ciencia no CPI Manuel Suárez Marquier.
A maior parte do alumnado que integra dunha maneira fixa ao Club de Ciencia é de 5º EP e de 2º ESO, pero os obradoiros que se desenvolvan están abertos a que participe todo o alumnado, basta con anotarse a cada un deles.
Os obradoiros que se desenvolverán nos meses de novembro e decembro son:
- Gráfico 25 N
- Árbore fractal