Club de ciencia
Mércores, 15 de decembro, 2021.
Na sesión de hoxe do club de ciencia o alumnado de 1º ESO realizou un obradoiro de luces de Nadal con plastilina conductora e un circuito sinxelo, no que se incluiron conceptos de física para a elaboración do circuito empregado.
Venres, 26 de novembro, 2021.
Durante todo o mes de novembro, María Pérez, profesora de música de Educación Primaria, que pertence ao club de ciencia realizou distintas actividades coa placa Makey-Makey en todos os cursos de EP dende:
- pianos con froitas
- pianos con froitas de tempada
- Makey Makey con partituras de notas e cores.
Na galería do centro podedes ver as fotos de todos os cursos, unha pequena mostra:
1º EP, 2º EP, 3º A EP, 3º B EP, 4º A EP, 4º B EP, 5º A EP, 5º B EP, 6º A EP, 6º B EP.
Mércores, 24 de novembro, 2021.
Hoxe o alumnado de 2º ESO experimentou coas matemáticas e a música, traballando así o PDI deste ano que é a música.
Construiron e puxeron en funcionamento un monocordio de Leonardo.
Venres, 19 de novembro, 2021.
Durante esta semana a coordinadora do club de ciencia, Patricia Piñón, axudada por outra profesora do club de ciencia e as titoras de cada clase de Educación Primaria realizan as seguintes actividades:
- Visita ao acuario
- Bailan as lentellas?
- Cantimplora máxica
con todos os cursos de Educación Primaria nos cales non hai ningunha profesora participante no club de ciencia este curso.
Durante toda esta semana o alumnado de 4º EP converteuse en verdaderos científicos, algúns dos experimentos realizados foron:
- inflar un globo sen soprar,
- comprobar como se transmite o son a través dun fío,
- demostrar que a presión do aire compensa o peso da auga da botella,
- simular a erupción dun volcán coa reacción dun ácido e dunha base.
Seguimos a celebrar o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, hoxe foi o turno do alumnado de 5º EP experimentando coa cromatografía.
O mércores, 3 de novembro, foi o primeiro encontro do curso do club de ciencia da ESO que coincide coa celebración de Novembro. Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, polo cal un dos grupos fixo o experimento na biblioteca do centro, os outros dous grupos realizárono nos labotorios de bioloxía e física-química. Para esta primeira xornada anotáronse cerca de 70 alumnos/as, todo un éxito de convocatoria.
Nesta primeira actividades comemos e experimentamos.
O primeiro experimento realizado foi comprobar se bailan as lentellas, para iso o alumnado tivo que tarar a báscula, medir e familiarizarse co distinto material do laboratorio.
Os pasos da práctica foron os seguintes:
1. Pesar 5 gramos de bicarbonato, botalo no vaso de precipitados.
2. Engadir auga da billa co frasco lavador un pouco menos de 50 ml.
3. Revolver para que se disolva e vertelo na probeta.
4. Completar ata os 50 ml.
5. Botar 4 ou 5 lentellas que irán ao fondo porque son máis densas que a auga.
6. Engadir vinagre ata os 80 ml, pouco a pouco as lentellas comezan a subir.
O primeiro encontro do club de ciencia será o vindeiro mércores 3 de novembro.
Pide a autorización ás profes: Berta, Cintia, Merce ou Patri.
Empeza un novo curso e con el as actividades do club de ciencia do CPI.
Queres formar parte do club? Fala coas profes Berta, Cintia, Merce ou Patri.
O alumnado de 6º B de EP remata a súa andaina polo Club de Ciencias neste curso, facendo mesturas e vendo distintas formas de separación:
- Evaporación de mestura de auga con sulfato cúprico / con cloruro sódico (sal común) / con azucre / con pousos de café.
- Filtración de auga con terra.
- Imantación dunha mestura de area con limaduras de ferro.
Con algunha mestura non saíu como esperabamos.
No seguinte álbum podedes ver o resultado.