Club de ciencia
Venres, 17 de marzo, 2023.
Esta semana co gallo do PDI do CPI "Eureka" o alumnado de 4º A EP do club de ciencia construiu a ponte autoportante de Leonardo con distintos materiais, e fixo carreiras de coches feitos con material de refugallo (ver vídeo da carreira).
Venres, 10 de febreiro, 2023.
Dende o club de ciencia séguese a traballar no PDI deste ano titulado Inventos, inventores e inventoras, nesta ocasión non foi un invento senón un achado, o alumnado do club de ciencia de 6º de EP investigou sobre a célula, descuberta por Robert Hooke.
Podedes visitar a exposición coas maquetas realizadas polo alumnado no corredor da planta baixa.
Podedes ver o vídeo aquí.
Mércores, 1 de febreiro, 2023.
Hoxe foi a quenda do alumnado de 1º e 2º de ESO que forma parte do club de ciencia.
Na primeira parte da sesión creáronse grupos de traballo para elaborar unha liña do tempo de inventos, inventores e inventoras que se traballará nas vindeiras sesións.
Na segunda parte o alumnado experimentou se a auga é realmente conductora da electricidade, actividade xa realizada previamente no mes de xaneiro co alumnado de 3º e 4º ESO.
Luns, 30 de xaneiro, 2023.
O club de ciencia organizou unha charla sobre "Seguridade nos dispositivos móbiles" destinada ao alumnado de 1º ESO.
Esta charla forma parte do programa de Charlas de divulgación científica e tecnolóxica da Escola de Enxeñaría da Telecomunicación da Universidade de Vigo.
Mércores, 25 de xaneiro, 2023.
O mes de xaneiro adicámolo a un científico-inventor-periodista-político-filósofo... coma foi Benjamin Franklin, que naceu neste mes e que en xuño de 1752 realizou o seu famoso experimento cunha cometa que tiña pendurando unha chave metálica e que, durante unha tormenta eléctrica, observou como o raio pasaba á cometa (con armazón de metal), e de aí á chave, e da chave ao exterior, confirmando así a natureza eléctrica. A partir disto, inventou o pararraios...
No noso Club de Ciencia non repetimos a experiencia de Franklin, pero si que nos serviu de inspiración para coñecer e experimentar de primeira man se a auga é realmente conductora ou non, observando que a auga pura (destilada) non conduce a electricidade, pero cando engadimos sal, si que o fai. Ademais tamén observamos como a electricidade é capaz de descompoñer o sal nos seus compoñentes: sodio e cloro. En definitiva: UNHA EXPERIENCIA ELECTRIZANTE!
Venres, 23 de decembro, 2022
Onte celebrouse o Festival de Nadal do CPI no auditorio do Rosal.
O club de ciencia estivo representado por alumnado de 1º e de 2º de ESO que explicaron tres experimentos, podedes ver a súa actuación aquí.
Mércores, 14 de decembro, 2022.
Este ano o club de ciencia actuará no festival de Nadal do CPI, parte do alumnado de 1º e de 2º de ESO está a preparar a súa actuación, terán que explicar os experimentos realizados ao resto de alumnado do CPI.
Mércores, 30 de novembro, 2022
Para rematar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas o Club de Ciencia organizou un show científico a cargo do divulgador David Ballesteros (colaborador do programa Aquelando na TVG), no que o alumnado de 1º e de 2º de ESO gozaron e aprenderon coa ciencia.
Ver o álbum e vídeo da actividade.
Xoves, 24 de novembro, 2022
Parte do alumnado de 1º ESO do club de ciencia, no marco das actividades do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, prepararon un obradoiro para explicar o concepto de densidade dos corpos aos compañeiros e compañeiras de 4º e 5º de EP.
A sesión de preparación foi onte, mércores ao mediodía.
Podedes ver aquí o vídeo coa preparación e o obradoiro realizado.
Xoves, 17 de novembro, 2022
Presentamos "Ciencia na Mata" unha serie de podcasts nos que falaremos de temas científicos.
Xa podedes escoitar o primeiro programa na canle de IVOOX da radio do CPI, A Voz da Mata.
Neste primeiro podcast o alumnado de 1º ESO do club de ciencia infórmanos do programa para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas no noso CPI e danos a coñecer a Fleming.
Preme aquí para escoitar o programa.
Ver o álbum e vídeo da actividade.