Club de ciencia
Venres, 29 de abril, 2022.
Exposición dos carteis "Mulleres Matemáticas" cedidos temporalmente pola Facultade de Ciencias Económicas de Vigo. A exposición engalana os corredores de Educación Primaria e Secundaria dende o 27 de abril ata o 18 de maio.
O motivo da exposición é para celebrar en maio a semana escolar das Matemáticas.
Xoves, 31 de marzo, 2022.
Nos meses de febreiro e marzo comezamos a preparar o terreo do horto escolar co alumnado de 4.º ESO da materia de Ciencias Aplicadas a Actividade Profesional removendo o terreo, abonando e colocando o riego automático.
O alumnado de Educación Primaria prepara as sementeiras nas aulas as cales trasladarán ao horto.
Mércores, 30 de marzo, 2022.
Xorde unha inquedanza no alumnado de 1.º de EP que é coñecer o mundo invisible e aproveitamos para facer unha xornada de microscopía con toda a Educación Primaria, achegando a ciencia ao máis pequenos do centro.
Xoves, 3 de marzo, 2022.
Hoxe todo o alumnado do centro participou nunha videoconferencia múltiple (con máis centros educativos de España) co persoal desplegado na Base Antártica Española (BAE) "Gabriel de Castilla", actividade organizada dentro da campaña de apadrinamento dun pingüín.
Mércores, 23 de febreiro, 2022.
No mes de febreiro nas xornadas do club de ciencia fixemos o obradoiro co nome "frauta eléctrica" empregando as placas Makey Makey, ía dirixido ao alumnado de 3.º e 4.º de ESO.
Venres, 11 de febreiro, 2022.
Videoconferencia para educación primaria impartida pola doutora en Bioloxía María Vázquez Ruiz de Ocenda, investigadora no centro tecnolóxico do cluster de acuicultura de Galicia, con motivo do Día da Muller e da Nena na Ciencia.
Xoves, 10 de febreiro, 2022.
Hoxe tivemos outra das actividades organizadas polo club de ciencia co gallo do Día da Muller e da Nena na Ciencia:
Videoconferencia para todo o alumnado de ESO impartida pola doutora en Bioloxía Margarita Poza Domínguez, investigadora en microbioloxía no Instituto de Investigación Biomédica, profesora na Universidade da Coruña.
Mércores, 9 de febreiro, 2022.
Co gallo do Día da Muller e da Nena na Ciencia que se celebra o venres 11 de febreiro, expóñense as estrelas nos corredores de Educación Primaria e Secundaria facendo así o noso "Corredor das Estrelas" cos traballos de investigación realizados nas titorías sobre mulleres científicas, na súa maioría galegas.
Luns, 31 de xaneiro, 2022.
Durante o mes de xaneiro levouse a cabo a campaña de "Apadrinamento do pingüín" na que participaron distintos cursos de educación primaria e secundaria.
As autoridades sanitarias elevaron a nivel máximo as restricións por mor do coronavirus polo que no centro extremamos as medidas de protección e limitamos as actividades do club, non houbo actividades os mércores do club de ciencia.
Luns, 20 de decembro, 2021.
Na semana do 13 ao 17 de decembro realizouse un obradoiro de luces de Nadal con plastilina conductora e un circuito sinxelo co alumnado de 3.º de EP (as súas titoras non pertencente ao club de ciencia e foi dirixido pola coordinadora do club) e de 5.º de EP.
Pódense consultar as fotos dos obradoiros na galería do centro: 3.º EP, 5.º EP.
![RSS - Club de ciencia Distribuir contido](/centros/cpimanuelsuarez/misc/feed.png)