Secretaría

FONDOLIBROS: Listaxe Definitiva Primaria

Enviado por MerceDS o 20 Xullo, 2021 - 14:06

Publicada a Resolución Definitiva para Primaria de FondoLibros para o curso 2021-2022.

Debido á Lei de Protección de Datos non se poden publicar as listaxes na web do centro, polo tanto todos os solicitantes poderán comprobar se se lles concedeu a axuda no taboleiro interior do centro ou consultar por teléfono na Secretaría do Centro en horario de 09:30 a 12:30 h.

Xa se poden recoller na secretaría do centro en horario de 09:30 a 12:30 h os vales para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria) e os vales para a adquisición de material escolar.

O fondo libros de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria no curso 2021-2022 entregarase en setembro os primeiros días de clase.

__________________________

 
19/09/2021

FONDOLIBROS: Listaxe Provisional

Enviado por MerceDS o 9 Xullo, 2021 - 10:35

Publicada a Resolución Provisional de FondoLibros para o curso 2021-2022.

Debido á Lei de Protección de Datos non se poden publicar as listaxes na web do centro, polo tanto todos os solicitantes poderán comprobar se se lles concedeu a axuda no taboleiro interior do centro ou consultar por teléfono na Secretaría do Centro en horario de 09:30 a 12:30 h.

Prazo para reclamación: 12 e 13 de xullo de 2021.

Lista Definitiva publicarase antes do 20 de xullo de 2021.

15/09/2021

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (CURSO 2021/22)

Enviado por MerceDS o 23 Maio, 2021 - 17:24

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO ESCOLAR 2021/22

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021 (ambos incluidos).

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22.

No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática "fondolibros" a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

DOCUMENTACIÓN:

Anexo I (debidamente cuberto e coa documentación complementaria necesaria: copia do libro de familia, certificado acreditativo do grado de discapacidade, violencia de xénero...)

Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

Se quere descargar o modelo de solicitude, prema AQUÍ.

 

Para consultar a Orde do DOG, prema AQUÍ.

Para consultar o extracto da Orde do DOG, prema AQUÍ.

 

01/09/2021

SOLICITUDE DE PRAZA, CURSO 2021-2022

Enviado por MerceDS o 27 Febreiro, 2021 - 22:26

Proceso de SOLICITUDE de praza para o vindeiro curso para novo alumnado procedente doutro centro educativo (excepto alumnado do CRA María Zambrano, centro adscrito).

PRAZO: Do 1 ao 22 de marzo de 2021, ambos incluídos.

LUGAR: A solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar. O alumnado matriculado neste centro ten garantida a súa permanencia, polo tanto, o cambio de curso non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

  • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro. Impreso facilitado polo centro que tamén se pode descargar aquí.
  • Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro. Enlace.
  • Cubrir a solicitude informaticamente e asinala ne Sede Electrónica. Enlace.

 

A relación provisional de admitidos publicarase antes do 25 de abril.

A relación definitiva de admitidos publicarase antes do 15 de maio.

Soamente se amosarán nos taboleiros do interior do centro educativo. Non está permitida a súa publicación na páxina web ou nas cristaleiras do centro educativo. Tamén se poderán consultar a través de aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre.

 

30/03/2021

Distribución de máscaras

Enviado por MerceDS o 12 Xaneiro, 2021 - 13:13

Hoxe entregáronse as máscaras ao alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, así como ao alumnado que non presentara a solicitude en tempo e solicitou a axuda de máscaras sendo admitida e concedida a súa nova solicitude.

Recibiron catro máscaras hixiénicas reutilizables de 60 lavados.

 

Pódese consultar a listaxe definitiva do alumnado admitido e excluído nos seguintes arquivos: ADMITIDO, EXCLUÍDO

 

25/01/2021

Solicitude para axuda de Máscaras

Enviado por MerceDS o 16 Novembro, 2020 - 10:31

Solicitud mascaras

 

Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. Pódese consultar aquí a listaxe de alumnado admitido actualmente.

 

Prazo de presentación da solicitude: Do 16 ao 27 de novembro de 2020.

 

Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resoltou excluído. 

 

Ten que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6 000 € (para calcular a renda per cápita: Sumas as casillas 432 e 460 da declaración da renda e o total dividilo entre o número de membros da unidade familiar).
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

Documentación a entregar:

  • Anexo I e Anexo II. Tamén dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Copia do lbro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algúns dos seguintes medios: 1.º Certificado ou volante de convivencia; 2.º Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar documentación xustificativa.
  • No caso de que os proxenitores carezan de DNI ou NIF: Certificado de convivencia, volante de convicencia ou informe de Servizos Sociais ou equivalente.

 

Consulta de información no DOG Núm. 230 do 13 de novembro de 2020.

 

 

28/11/2020

Protocolos curso 2020-2021

Enviado por GutierFV o 7 Septembro, 2020 - 19:31

Estimadas familias. Despois de agardar ás últimas comunicacións por parte das autoridades educativas, podemos presentarvos os documentos definitivos que van marcar a vida do CPI durante este curso.

30/06/2021

Nesta sección pódese consultar o calendario escolar do presente curso.

A continuación, presentamos o titorial da Xunta de Galicia para a instalación e rexistro en AbalarMóbil

O LUNS DÍA 28 DE NOVEMBRO CELEBRÁRONSE AS ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR.

HORARIOS:

  • Profesorado: de 11:30 a 12:00 horas

 

  • Alumnado: de 12:00 a 14:20

 

  • Pais/nais /responsables: de 16:00 a 20:00horas

  AQUÍ TES TODA A INFORMACIÓN SOBRE A

 RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.