Convocatoria de axudas para LIBROS, MATERIAL ESCOLAR e COMEDOR ESCOLAR para o alumnado do Concello de Ribeira. Curso 2023/24
O Concello de Ribeira convoca axudas para o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria.
Para máis información clicar aquí.
APERTURA PARA O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Prazo de solicitude: do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos
Texto da convocatoria: ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)
Publicación das listaxes provisionais de admisión para o curso 2023-24
Todos as solicitudes que se presentaron no CEIP de Olveira foron admitidas.
Si desexan consultar as listas, están expostas no taboeiro do centro (na entrada), de 9.30 a 15 horas de luns a venres ou de 16:30 a 18:30 de luns a xoves. Luns 1 e martes 2 de maio o centro estará pechado.
Tamén poden consultalas aquí coa Chave 365.
SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023/24
Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión para o vindeiro curso.
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
As solicitudes pódense presentar no centro ou a través da aplicación. ADMISIÓN ALUMNADO
O modelo de solicitude pódese recoller no centro ou descargar aquí.
¿QUES COÑECER O NOSO CENTRO?
Dirixida a familias con interese por coñecer o funcionamento do centro con vistas á matrícula para o vindeiro curso.
Eleccións ao consello escolar
Atendendo á RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, o vindeiro martes 25 de outubro ás 16:30 horas celebrarase o sorteo público para elixir os membros que formarán parte da xunta electoral que arbitrará todo o proceso electoral.
Esta xunta electoral estará composta polo director do centro, un mestre ou mestra, un pai ao nai e un representante do persoal de servizos.
ANPA: Actividades extraescolares
EXTRAESCOLARES 2022/2023
LUNS:
- Teatro de 16:30 a 17:30 horas da tarde, cun custo de 18 euros.
- Plástica de 17:30 a 18:30 horas da tarde, cun custo de 22 euros. (material incluido).
MARTES:
-
Inglés de 17:00 a 18:00 horas da tarde, cun custo de 20 euros.
MÉRCORES:
- Zumba de 17:00 a 18:00 horas da tarde, cun custo de 18 euros.
XOVES:
- Multideporte de 17:30 a 18:30 horas da tarde, cun custo de 18 euros.
________________________________________
- Para poder anotarse a calquera destas actividades tendes que mandar un correo a anpaolveira@yahoo.es ca seguinte información:
- Actividade na que estades interesados, nome do nen@, apelidos, edad, curso, data de nacemento, número de teléfono de contacto e no caso de algunha enfermidade importante que o monitor deba de saber.
- Todas estas actividades realizaranse no centro escolar.
- Para poder participar tedes que facervos socio da Anpa Monte Tahúme no curso 2022/2023.
Entradas e saídas do alumnado
Dado que a situación actual en relación co Covid-19 permite voltar en gran medida á normalidade, as entradas e saídas do alumnado ao centro realizaranse atendendo a estes creiterios:
- Tanto para as entradas como para as saídas abriranse os dous portais, quedando o grande para o alumnado de infantil e o pequeno para o de primaria.
- Só a partires de que entre ao recinto o alumnado do primeiro autobús, poderá entrar o alumnado non transportado, situándose na zona de cemento.
- Tan pronto soe a música, o alumnado de primaria entrará pola porta principal e colocarase no corredor en filas. O alumnado de Infantil fará as filas fóra e entrarán pola porta lateral.
- O alumnado de Infantil sairá polo portal grande e o de primaria polo pequeno.
